sábado, 16 de octubre de 2010

Nobel de Física 2010

O Premio Nobel de Física do ano 2010 foi concedido a Andre Geim (1958) e Kostya Novoselov (1974) polo seu traballo no , unha nova forma cristalina do carbono, estrictamente bidimensional.




Kostya Novoselov e Andre Geim


Actualmente coñécense dúas formas cristalinas tridimensionais do carbono: o diamante e o grafito.
A pesar de estar compostos por átomos da mesma natureza química, as súas propiedades químicas non poden ser máis diferentes. O grafito é de cor negro e tan brando que se emprega nas minas dos lapis. O diamante é transparente e imposíbel de raiar por ningún dos materiais coñecidos. A estas formas cristalinas tridimensionais unirase no 1984 a estrutura cero-dimensional, o
C60 ou fulereno, idéntica a un balón de fútbol, pero 100 millóns de veces máis pequena. No 1991, Sumio Ijima identificara a forma unidimensional do carbono, o nanotubo. Illar a forma bidimensional, o grafeno e, sobre todo, explorar as súas extraordinarias propiedades foi contribución de Geim e Novoselov.



Feito por Brais Gómez García 1ºA

Premio Nobel de Einstein

Onte a profesora comentounos que Albert Einstein, un dos científicos máis brillantes de todolos tempos, non gañou o Premio Nobel pola súa famosa teoría da relatividade. Pero, entón por que gañou ese premio?
Investigando un pouco descubrín que foi pola súa teoría do efecto fotoeléctrico (para saber en que consiste pulse
aquí).
Espero que vos pareza interesante esta pequena aclaración.
Un saúdo.
Máis informacion acerca do Nobel de Einstein.





Coral Real Llamas. 1º bacharelato B.

Tratamento con células nai embrionarias

Unha persoa paralítica está sendo tratada en EEUU por primeira vez con células nai, a finalidade é intentar a rexeneración da súa médula espinal.




Esta terapia consiste en introducir certas células do sistema nervioso no lugar danado da médula espinal.
Por outro lado, esta terapia tan só se fara con 10 pacientes; esto indica un gran avance na investigación xa que fai algo máis dunha década os investigadores dicían que se tardaría moitos anos en poder probar esta terapia e o maís difícil sería poder experimentala.


Para ter máis información acerca desta noticia:


Esperamos que vos sea interesante esta noticia.
Lidia Blanco e Lorena Yáñez 1º Bacharelato A

Vídeo oficial do Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica 2010

O sustento vital dos ecosistemas "estase a secar"





Ola eu tamén vou a falar sobre a perda de biodiversidade, xa que estamos no seu ano e tamén o estamos dando na clase. Como recordaredes unha das principais causas desta perda é o cambio climático e o home.



A revista Science (a máis prestixiosa revista de ciencia e sobre a que nos fala a profesora) publicou que os ríos e cursos de auga de todo o mundo, sustento vital dos ecosistemas, se están a secar debido ao consumo humano e ao cambio climático (como estudamos nós en Bioloxía).
Cando os caudais dos ríos énchense os depredadores principais aliméntanse dos niveis máis baixos da cadea de modo que os peixes grandes comezan a comer especies que eran o alimento de outros niveis.
Coas secas é completamente diferente: eliminan o depredador superior porque a maioría dos peixes non tolera tan pouco osíxeno .
A isto engádense as consecuencias do cambio climático que vai influír na frecuencia e intensidade das enchentes fluviais e das secas nos próximos anos.



Récord Guiness en clasificación de especies









Eu, ó igual cá miña compañeira Coral,vou adicar o meu primeiro espazo ó tema da BIODIVERSIDADE. Hoxe saíu unha noticia no periódico que me deixou realmente fascinada. E é que se batiu un auténtico récord guiness na bioloxía! Descubriuse nin máis nin menos que un verdadeiro imperio de especies novas de caracois mariños!Isto así dito sei que a moitos de vós tal vez non vos impresione moito pero..e se vos digo que dous aficionados españois á ciencia (un deles galego) ,expertos en micromoluscos, acaban de descobrer e redactar o 1º estudo da nosa historia que recolle o maior número de especies novas dun só xénero? 272 ESPECIES totais de caracois mariños DUN MESMO XÉNERO, os Turbonilla. Eles describen todas as que acaban de achar,que son concretamente 209 dese total.










Xamais dun só xénero nin dunha soa familia ,se describiron tantas especies nun só traballo.
No ano 2000 o Museo Intern.da Historia Natural de París destinoulles a Anselmo Peñas e a Emilio Rolán o estudio da familia dos Pyramidelloidea.
Estes expertos xubilados en micromoluscos, despois dun longo decenio de análises, descartes,evaluacións, etc; deron clasificado tales organismos taxonómicamente (Acabamos de falar disto no tema anterior de bioloxía, deberiades saber o que quere dicir esta palabra!)Iso si,foilles moi pero que moi complicado dado o diminuto tamaño e a numerosidade dos organismos a clasificar.En fin,un traballo enorme do que aínda lles queda moito por dicir.Creo que visto o visto (como ben apunta Anselmo Peñas) queda aínda máis demostrada a tremenda ignorancia do ser humano cara á natureza, e canto aínda nos queda por coñecer,sexa nas profundidades mariñas ou nos densos bosques amazónicos.







Eva Rodríguez Casas.1ºBacharelato B.

Para saber máis sobre a noticia :
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/15/ciencia/1287148704.html






Recoméndovos enormemente que vexades o vídeo , está moi ben e vos enterades da noticia moito máis rápido e dunha forma máis amena.

Auga. Propiedades da auga V


Ósmosis

A auga. Algunhas propiedades IV.




Capilaridade da auga

viernes, 15 de octubre de 2010



Tensión superficial na auga





Tensión superficial na auga






Tensión superficial na auga


A flora galega está en perigo!



Aproveitando que o 2010 é o ano da biodiversidade, quería comentar esta noticia que apareceu no Faro de Vigo.
Xa son 65
especies invasoras en Galicia que a Xunta catalogou. Pero, é bo que haxa esta invasion floral?Segundo Medio Ambiente as invasións bioloxicas representan unha das maiores ameazas para a conservación da diversidade e ademais aumentou considerablemente nos últimos anos. Un exemplo dunha árbore invasora é a acacia, procedente de Tasmania e moi perxudicial para o nosa terra.


Un exemplo de acacia.


O Medio Ambien realizou unha localización das zoas máis afectadas e un estudo de impacto sobre a flora local. Agora terá que centrarse en frearlas para así protexer os nosos ecosistemas.
Persoalmente creo que cada un debería ter coidado coas especies (tanto animais, como plantas) que se traen doutros lugares, xa que poden ocasionar danos, co tempo, irreparables.





Para leer a noticia completa: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2595_4_57242__Galicia-Xunta-cataloga-especies-plantas-invasoras-Galicia





Coral Real Llamas 1B bacharelato.

A auga, algunhas propiedades I

Esta mañá en clases de Bioloxía empezamos a falar da auga é a súa Importancia nos seres vivos. Vou incluír algúns vídeos que pode ser interesante que vexades.






Capacidade calorífica da Auga



Editado por Carmen Cid Manzano

A auga, algunhas propiedades II

Este vídeo está en inglés, temos que facerlle caso a Marga. O inglés é o idioma da ciencia.




Capacidade disolvente da auga

Editado por Carmen Cid Manzano 

jueves, 14 de octubre de 2010

Expansión gasesosa das xóvenes galaxias

Algunhas galaxias chocan e únense formando sistemas maiores, pero existe outro método menos violento que tamén provoca a súa expansión: trátase de galaxias xóvenes que absorben cantidades de gas frío, de hidróxeno e helio, que atravesaba o Universo primitivo e que serviu como material para a formación de novas estrelas. Un equipo de investigadores do Instituto Max Planck de Astronomía na cidade alemá de Heidelberg e o “Observatorio Europeo Austral” (ESO) descubriu este fenómeno basándose en observacións realizadas co Very Large Telescope (VLT), que opera en Chile.



Os resultados do VLT son a primeira proba directa de que a secreción de gas ocurriu realmente nas galaxias primitivas e que desencadeou unha extensa formación de estrelas e a mesma expansión de galaxias masivas no Universo xoven. Estas foron sorprendidas no mesmo momento no que se estaban alimentando de gas, que, como xa se citou anteriormente, empregan para a formación de novas estrelas.




Para saber algo máis
Lucía Rodríguez Rodríguez 1º Bacharelato B

Colisión entre dous asteroides.

A comezos do 2010 o telescopio Hubble detectou entre Marte e Xupiter o que parecía ser un cometa. Despois de cinco meses de comprobacións resultou ser o choque de dous asteroides, segundo publicou a revista Nature. No traballo participou Rafael Rodrigo, do Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC), en Granada. xunto con investigadores do Instituto Max Planck en Katlenburg-Lindau (Alemaña) e a Universidade de California en Los Ángeles (EEUU).

Os datos aportados pola investigación indican que a principios de 2009 un asteroide de entre tres e cinco metros de diámetro chocou con outro de maior tamaño a unha velocidade duns 18.000 quilómetros por hora. A cola do que parecía ser un cometa na realidade sería os restos da colisión, que se mantivo brillante durante varios meses.
Para saber máis.

Uxía Rodríguez Rodríguez 1º Bacharelato .

Premio nobel de química 2010

O Nobel de Química 2010 foi para Richard F. Heck (1931), Ei-ichi Negishi (1935) e Akira Suzuki (1930). Polo desenvolvemento dun novo e eficaz procedemento para a creación de enlaces carbono-carbono entre diferentes moléculas, mediante reaccións catalizadas por paladio. Estas reaccións, que se empezaron a desenvolver entre os anos sesenta e setenta do pasado século, son actualmente imprescindibles na síntese química moderna.
















As reaccións desenvolvidas por estes científicos levaran a industria a producir fármacos máis eficaces e materiais con novas propiedades mecánicas, ópticas, magnéticas e/ou electrónicas.
Para mais informacion
Feito por Érika López Carballo 1ºbacharelato A

Videoxogo


Descarga gratuita dun videoxogo sobre acelula.
Xa me diredes que vos parece...
Espero comentarios eu non teño nin idea de como se xoga.
http://www.kokori.net/~kk/content/descarga


Carmen (a profe)

Nobel 2010 á "A fecundación in vitro"

O premio Nobel de Fisioloxía e Medicina deste ano foi concedido a Robert G. Edwards, que desenvolveu a técnica da fecundación in vitro (FIV) e revolucionou o tratamento da esterilidade a través das terapias de reprodución asistida.





O premio, tardou en chegar. Fai xa 33 anos que Bob Edwards desenvolveu a técnica e foi capaz de demostrar que o embrión humano podía ser fecundado in vitro (FIV) e, tras a súa implantación, dar lugar ao nacemento dun neno ou nena san. Calcúlase que ata hoxe máis de catro millóns de cativos naceron grazas á FIV. Edwards e Steptoe non o tiveron doado nos seus inicios. Non recibiron apoio financeiro debido ás serias dúbidas éticas e científicas que a técnica que propoñían levantou entre os seus colegas. Hoxe en día a FIV é unha técnica que se utiliza de forma rutineira no tratamento da esterilidade en todos os países desenvolvidos, tanto en centros públicos como privados.Trátase dun tratamento médico consolidado que a sociedade entende, acepta e utiliza.
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºB Bacharelato

miércoles, 13 de octubre de 2010

Veciños na galaxia?


Xa se descubriron dous planetas extrasolares habitables grazas a un telescopio da NASA que funciona cun sistema de infravermellos. Glise 581 é unha estrela "cercana" a nos, que conta cun planeta con características 100 % habitables, hoxe Steven Vogt, un dos investigadores deste descubrimento aforma con total seguridade que ´sí hai vida nel xa que reune as características ideais:
--Distancia intermedia a unha estrela que lle proporcione a calor xusta e necesaria e que esta faga posible a presenza de auga líquida.
--Tamaño e peso adecuados para que teña unha atmosfera o suficientemente densa.Tardaremos un 200 anos en poder visitalo, xa que se atopa a 20 anos luz, pero non perdemos a esperanza en coñecer algún día novas formas de vida noutros planetasfóra do noso sistema Solar.






Máis información (pincha aquí)
Uxía Rodríguez Rodríguez.

martes, 12 de octubre de 2010

Este apartado querémosllo adicar ó noso ilustre profesor de filosofia Luis Martínez Costas, que tivo o gran pracer de entrevistar e falar coa mismísima científica Lynn Margulis.
Lynn Margulis (5 de marzo de 1938) é unha destacada bióloga estadounidense, considerada unha das principais figuras do evolucionismo.Luis Martinez Costas xunto cos seus alumnos consultoulle a L. Margulis nunha carta unha serie de dúbidas e inquietudes acerca do evolucionismo que ela respondeu satisfactoriamente e con moita amabilidade.









Para obteñer máis informacion da carta completa:
http://arquimedesenourense0910.blogspot.com/



Estamosche moi agradecidos polo gran interese que mostras na ciencia SEGUE ASÍ!
GRAZAS!


Feito por Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB Bacharelato

domingo, 10 de octubre de 2010

Pasarán 50 anos antes de que alguén poida volver a vivir aqui


Os campos de millo, as pradarías cubertas de céspede e os campos en barbeito desaparecen, de golpe, baixo unha marea vermella. Os lamas que arrasaron este pobo do sueste de Hungría o luns pasado apoderáronse de todo: as cunetas son da cor dunha arxila sanguenta e as árbores aínda conservan unha capa ocre que chega ata un metro de altura.



A vertedura, que provocou catro mortos, seis desaparecidos e máis de 100 feridos, afectou a unha área duns 40 quilómetros cadrados.






No seu paso cara ao segundo río máis longo de Europa, a vertedura matou toda a vida que encontrou nun dos seus afluentes, o Marcal. Todo o ecosistema deste río se viu destruído. Pasarán 50 anos antes de que a xente poida volver vivir aquí.










Cal é o seu nivel de toxicidade?As zonas de maior concentración de metais, como o río Marcal, alcanzaron un pH de 13, que causa a morte de toda a vida acuática. O contacto coa pel provoca gretas e queimaduras. Se se inxire, pode causar dano aos pulmóns e ao sistema dixestivo. As análises da auga contaminada que chegou ao Danubio mostran un pH de 9,3, unha cifra que se segue considerando perigosa. O investigador do CSIC Félix López recorda que o valor neutro para a vida é de 7, como o da auga destilada.









Que se está a facer para que a vertedura sexa menos perigosa?Botáronse máis de 500 toneladas de xeso en varios afluentes do Danubio. O xeso rebaixa a alcalinidade da vertedura. Este material é un apelmazante, o que permite solidificar o lama freando o seu avance. Esa será a segunda fase da operación, a limpeza das zonas afectadas. O lama xa reseco impediría que as plantas rexurdisen, polo que haberá que levantar varios centímetros da capa superficial de terra en toda a zona afectada.


Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºB Bacharelato

Máis información en :