Deíxovos un dos vídeos nos que nos contan como a invasión do visón americano pode afectar ao ecosistema galego.
Invasiones biológicas: el caso del visón americano from divulgare on Vimeo.
Invasiones biológicas: el caso del visón americano from divulgare on Vimeo.
Tepco, a compañía que opera a central nuclear Fukushima, está empregando robots teledirixidos chamados 'Packbot', para medir a radiación, a temperatura e a concentración de osíxeno nos reactores da planta nuclear. A empresa quere asegurarse de que os niveis son seguros para que sigan traballando os seus empregados. A máquina ten a capacidade de maniobrar dentro do edificio, realizar fotografías e medir os niveis de radiactividade.

Do seu estudo, se puido determinar a gran variedade de dinosauros e estegosarios que habitaban fai 145 millóns de anos na Península Ibérica, polo que promoveu unha candidatura, apoiada por España e Portugal, para que se inclúan na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. As pegadas teñen unha gran importancia científica polos datos que achegan sobre a mobilidade da fauna do Mesozoico e sobre o seu comportamento. O achado de rastros agrupados dos mesmos individuos permitiu pescudar que os estegosaurios eran gregarios; ou que os ornitópodos (dinosauros herbívoros) tiñan marcha bípeda ou cuadrúpeda. Ata se atoparon icnitas dun xigantesco terópodo carnívoro, de 10 metros de lonxitude.
Para máis información: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/15/ciencia/1302879316.html
Feito por: Yurema Seara Núñez


Editado por Isabel Pérez Limia 1ºBach A
A capa de ozono sobre o Ártico sufriu destrución sen precedentes neste inverno .O marzo pasado, o afinamento da capa de ozono que protexe o planeta da radiación ultravioleta, afecta negativamente a vida, e esta pode causar cancro de pel e cataratas. A axencia europea do espazo (ESA) creen que a razón para esta degradación está no feito de que foi un inverno moi frío e persistente que levou á destrución do ozono ata comezos da primavera.


Noticia completa
Lucía Rodríguez 1ºB
Videos interesantes: http://eu.oceana.org/es/eu/que-hacemos/proteccion-de-habitats/islas-canarias/video

