viernes, 3 de octubre de 2014

Hasta sempre!!!

Grazas a todos/as os de antes e os de agora. Sempre levarei o ensino no meu corazón. O IES Otero Pedrayo era a miña casa e botareina moito de menos. A páxina de fb de Bioloxía seguirá aberta para todos vós. Bicos

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Unha erupción solar

A Axencia Especial da NASA logrou captar por primeira vez en imaxe como é unha xigantesca erupción solar.



Ocurriu o pasado vintecatro de Agosto. O Sol emitiu unha llamarada solar de nivel medio ás 8:16 am EDT que foi captada polo novo observatorio solar da NASA: o Espectógrafo de Imaxes da Interfaz Solar. Nas imaxes, pódese ver como como unha llamarada estalla no lado ezquerdo do "astro rei". A exección da masa coronal rexistrada (onda feita de radiación e vento solar que despréndese do Sol no período chamado Actividade Máxima Solar) tiña o ancho equivalente a cinco veces o planeta Terra e sete veces e media a súa altura.

As llamaradas ou erupciones solares son explosións de gran alcance de radiación, que envía gases, plasma e outras materias no Sistema Solar. Segundo explica a NASA, as radiacións nocivas dunha llamarada non poden atravesar a atmosfera da Terra para afectar aos humanos, pero se chega a ser o suficientemente intensa, as explosións poden perturbar as señais GPS e as comunicacións.

Fonte de información: http://www.huffingtonpost.es/2014/09/01/erupcion-solar-video_n_5747822.html?utm_hp_ref=es-ciencia-y-tecnologia

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

martes, 2 de septiembre de 2014

Os neandertales podrían ter capacidade de pensamento simbólico

A capacidade de ter pensamento simbólico atribuíuse sempre ao ser humano (homo sapiens) pero a aparición dun grabado nunha cova de Gorham, en Xibraltar, de máis de 39000 anos de antigüedade, afirma que os neandertais tiñan capacidade para a expresión abstracta.
Apenas son unhas cantas liñas cruzadas en ángulo recto grabadas sobre a roca, pero poden ser a clave dunha capacidade intelectual moito maior da que se pensaba para estos homes primitivos.

Imagen sobre el grabado de los neandertales cedida por el Museo de Gibraltar

Nos últimos anos, os investigadores descubriron que os neandertais enterraban aos seus mortos, adornábanse con pigmentos blancos e vermellos e se preocupaban por anciáns e enfermos, todas son probas dun pensamento complexo.Pero, ata agora, non se encontrara arte neandertal sen ambigüedades, explica Reuters.

O grabado encontrouse cuberto por unha capa de sedimentos que contiña 294 herramentas de pedra talladas por neandertales. Os investigadores descartaron que a talla fora acidental ou o resultado de cortar a pel ou a carne dos animais. O grabado é resultado do uso repetido e intencional dunha pedra afilada para grabar a roca, reflexando persistencia e determinación.

"A pesar da súa aparente simplicidade, o grabado dos neandertais representa un salto cualitativo no noso conocimiento da capacidade cognitiva de esos outros humanos xa extintos: este tipo de representaciones abstratas, sen ningunha funcionalidade aparente, é exclusivo de mentes con capacidade de abstración" Explicou o investigador do CSIC Juan José Negro. Segundo este investigador, "o grabado analizado é un elemento cultural e un fenómeno único equiparable a unha obra de arte."

En 2012, encontrouse outro indicio de que os neandertais crearon arte ao atribuirlles as pinturas murais simples. Sen embargo, como recorda Reuters, ao no encontrarse utensilios, non foi posible descartar definitivamente que foran obra de humanos modernos e non de neandertais.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140901/estudio-grabado-gibraltar-atribuye-neandertales-capacidad-para-expresion-abstracta/1003943.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

lunes, 1 de septiembre de 2014

Os problemas de memoria do rover Opportunity tras dez anos en Marte.


Imagen de Marte captada por el rover Opportunity de la Nasa

O rover Opportunity presenta problemas de memoria tras a súa chegada a Marte fai dez anos. A NASA está planteándose formatear a súa memoria flash debido a que cada vez máis reiniciábase o seu ordenador para poder funcionar.Todo esto interfiere coas actividades científicas programadas, a pesar de que a recuperación de cada incidente complétase nun día ou dous.

Por este motivo, o equipo que dirixe o rover Opportunity dende a Terra prepárase para formatear a súa memoria flash, que é a encargada de conservar os datos, incluso apagada. As células individuales da memoria flash poden desgastarse co uso repetido, é creése que estas células son as responsables dos desaxustes.

Os rovers xemelgos Spirit e Opportunity chegaron a Marte a principios do ano 2004 para comezar misiones planificadas para tan só tres meses. Spirit traballou durante 6 anos e o Opportunity aínda continúa activo. Estos rovers descubriron cousas como os ambientes húmidos antigos en Marte.

Fai cinco anos formateouse a memoria do rover Spirit para deter unha serie de problemas na súa memoria. Agora, en setembro, a NASA plantea facer o mesmo co rover Opportunity. Os preparativos inclúen a descarga á Terra de todos os datos útiles que ten a memoria flash e cambiar o rover a un método de funcionamento que non utilice a memoria flash. Ademáis o equipo está reestruturando as sensións de comunicación do rover para utilizar unha velocidade de datos máis lenta, o que pode añadir capacidade de recuperación en caso de reinicio durante estos preparativos.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140901/problemas-memoria-del-rover-opportunity-tras-diez-anos-marte/1003500.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

domingo, 31 de agosto de 2014

O fármaco contra o ébola ZMapp demostra a súa efectividade en primates.

O fármaco experimental contra o ébola ZMapp demostrou unha efectividade do cen por cen na recuperación de dezaoito primates infetados co virus, segundo un estudio dirixido pola Axencia da Saúde Pública de Canadá.



Os investigadores administraron tres dosis de suero, en intervalos de tres días, a exemplares de macacus rhesus, cunha fisioloxía moi parecida á humana. Aínda que algúns animais comezaron o tratamento nunha fase avanzada da enfermidade, todos sobreviviron.

Polo contrario, os tres exemplares do grupo control que non recibiron o fármaco, morreron ao oitavo día. Ante a epidemia do ébola en África Ocidental que causou xa máis de 1500 mortes, este fármaco en fase de experimentación (un cóctel de tres anticorpos) foi administrado a varios pacentes, entre eles dous estadounidense que se recuperaron tras recibir o tratamento. Sen embargo, outros dos pacentes tratados con ZMapp non sobreviviron, entre eles o relixioso Miguel Pajares. Os investigadores cren que a efetividade do tratamento depende en gran medida do avanzada que esté a enfermidade.

Polo momento non se pode asegurar que este fármaco poda acabar co virus. Como xa vimos, non existe ninguna vacina aprobada para combatir o ébola, polo que o control da epidemia limitouse a ciudadanos paliativos e ao establecemento de barreiras para tratar de evitar novos contaxios.

Esta investigación permite soñar con fin da enfermidade, e ver por fin unha solución ao virus que está contaxiando a gran parte do continente Africano. Gary Kobinger, o patólogo da axencia pública canadiense que dirixiu os experimentos, sinalou nunha roda de prensa que o medicamento podería estar listo para o seu uso en humanos en menos de dous anos.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140829/farmaco-contra-ebola-zmapp-demuestra-100-efectividad-primates/1002141.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

O desenvolvemento do primeiro avión transparente

O Centro para a Innovación de Procesos en Reino Unido, está a desenvolver un proxecto con o cal poderase revolucionar o sector da aviación comercial.
Trátase dunha tecnoloxía que permitirá crear aeronaves que en lugar de ventás, tendrán unha serie de pantallas que recollerán as imaxes do cielo en pleno voo, é dicir, en tempo real.

Esta nova tecnoloxía dará ao pasaxeiro a sensación de encontrarse nun "avión transparente", o que podería revolucionar a maneira de viaxar. Ademáis do encanto visual, axudaría a reducir o peso do avión e polo tanto, disminuir o consumo de combustible.



O seu funcionamento é a partir da utilización de "tintas condutoras" que permiten a impresión electrónica, unha tecnoloxía relativamente barata, cuxos usos tense planeado en diversas áreas como son os frascos de comésticos, ata nos envases de medicamentos que podería indicarlle ao pacente como está conformado o fármaco, a hora que debe tomalo, etc.

O deseño de areonaves sen ventás como método de aforro de combustible sólese utilizar para os servicios comerciais, como o destinado ao transporte de mercancías. Os novos modelos de Airbus para o ano 2050, nos que se eliminarán as ventás para deixar ao descuberto o teito e os laterais, tamén inciden neste concepto.

Unha empresa aeroespacial estadounidense anunciou os seus plans para incluir os primeiros modelos de cabina sen ventás no seu modelo Spike S-512 Supersonic Jet, que comezará a operar no ano 2018.


Fonte de información: http://www.informador.com.mx/tecnologia/2014/546003/6/desarrollan-primer-avion-transparente.htm

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

viernes, 29 de agosto de 2014

Procesos comúns entre o ADN humano, da mosca e do gusano

Para a información sobre os seres vivos están sendo un xerador importantísimo  as técnicas de secuenciación xenómica e os estudos de xenómica comparativa. Estase tratando de dar respostas a moitas das preguntas que hoxe en día aínda non as teñen, para iso diferentes proxectos tratan de deseñar o ADN humano e doutras especies para poder coñecer a súa base molecular. Ainda que o efecto na sociedade  tardará anos, esta semana publica a revista Nature cinco estudos que serán un referente para moitos científicos de todo o mundo.

Son estudos elaborados a partir de dous proyectos científicos:
  •       o ENCODE (2003)  establece a enciclopedia dos elementos do ADN humano.    
  •       o modENCODE(2007) xera un catálogo dos elementos funcionais da mosca da fruta e do xenoma do gusano.

Estos dous proxectos  añadiron datos das tres especies que foron  moi estudiadas en investigación  e moi distantes na evolución.Ambos han sido financiados  polo Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano, que forma parte dos Institutos Nacionales de Salud de Estados Unidos.

Descubriuse nun estudio comparativo un patrón xenético de expresión das tres especies, particularmente dos xenes involucrados no desenrolo, neste estudio utilizaronse mais de 67.000 millóns de secuencias xenéticas.




Según explica a El Mundo Sarah Djebali co-autora deste traballo e investigadora no Centro de Regulación Genómica en Barcelona "O que encontramos son un conxunto de xenes que parecen funcionar ao mesmo tempo en cada animal no seu desenrolo embrionario e de manera común. Esto confirma  una hipótese que había sobre o tema, que establecía que hai un momento no desenrolo embrionario onde a expresión dos xenes é igual en todos os animais. Serían como os xenes que son a base da vida"

Desta forma moscas, gusanos e homes comparten programas de apagado e encendido de xenes dunha maneira coordinada, é dicir, utilizan un patrón como método para expresar xenes que ademáis de funcionar en paralelo con cada unha delas son necesarios para o desenrolo.
Para poder aplicar ese coñecemento a mellorar a comprensión da bioloxía humana e das enfermidades, os investigadores tendrán que aprender as reglas da expresión xenética a medida que os organismos van desenrolandose.

Por outro lado, o grado de activación dos xenes para fabricar proteínas ou non podería predecirse en función dos características da cromatina e das histonas. Segundo explica Djebali "As histonas son proteínas que axudan a compactar ao ADN, é dicir, a empaquetalo de tal maneira que poida caber no núcleo da célula. As modificacións nas histonas -o epigenoma- son moi importantes tamén na expresión dos xenes. Descubrimos que podemos predecir a expresión dos xenes a partir da actividade das histonas"

Descubriuse que hay zonas do ADN que conteñen moita actividade e no que está involucrado un tipo de ARN que non se coñecía ata agora. Djebali sosten que ainda non se sabe moi ben como funcionan as proteínas encontradas; unha vez que se sepa entederemos como funciona o ARN.

Eric Green(director do Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano) afirma que todo o coñecemento logrado ata agora axuda de gran maneira a mellorar os nosos coñecementos sobre a bioloxía humana.

O traballo destes dous proyectos da para moito mais. Estos estudios van dende análisis mais profundos dentro dunha ou mais especies, a métodos de desenrolo ou investigacións sobre procesos biolóxicos particulares.



                                                Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

jueves, 28 de agosto de 2014

Un pez desvela o salto da vida acuática á terrestre

Fai aproximadamente catrocentos millóns de anos, un grupo de peces comezou a explorar a terra, dando lugar aos tetrápodos anfibios, que máis adiante convertiríanse nos anfibios, aves e mamíferos de hoxe en día. Sen embargo, a evolución anatómica da vida marina hacia a terrestre segue sendo un misterio para os científicos.


Para saber máis sobre este cambio, os investigadores da Universidade McGill (Canadá) estudaron ao Polypterus senegalus, un pez africano coa capacidade de respirar fóra da auga e "camiñar" na terra, algo moi parecido ao que sucedía cos antigos peces que evolucionaron a tetrápodos.

O exemplar de Polypterus foi trasladado a vida terrestre durante casi un ano para ver a súa evolución. O pez mostrou cambios anatómicos e condutales significativos. Camiñou de forma eficaz sobre a terra colocando as aletas pegadas ao seu corpo e erguendo a cabeza. O seu esqueleto pectoral fíxose máis alargado con unións máis fortes a través do seu peito, posiblemente para incrementar o apoio ao camiñar. Tamén observouse unha disminución do contacto co cráneo para permitir potencialmente un maior movemento da cabeza ou do pescozo.

A investigación que adaptou a este pez a vida terrestre é única. Sen dúbida este experimento ofrece novas ideas sobre cómo os peces fósiles puideron utilizar as súas aletas nun ambiente terrestre e qué procesos evolutivos estaban en xogo.

Fonte dinformación:

Rebeca González Pérez,1º Bach.D

Un fármaco para a esclerosis múltiple supera a primera fase dos ensayos

A esclerosis múltiple é unha enfermidade dexenerativa. Consiste nunha destrución da mielina (a cuberta dos nervios) por un funcionamento anormal do sistema inmunitario, e ten como consecuencia que os sinais do cerebro non chegan ao seu destino. Por iso maniféstase de xeitos moi variados (problemas de visión, de coordinación, de memoria, debilidade muscular, pinchazos, tics). Non ten cura e só pódense prescribir terapias paliativas durante brótelos ou como mantemento. Por iso un fármaco que supere a primeira fase dos ensaios en humanos é unha boa noticia para os afectados (entre eles, dous millóns de europeos). E iso é o que publicou este mércores na revista Neurology, Neuroimmunology & Neuroinflammation un equipo da Asociación Americana de Neurología.
O traballo é só unha fase I, a que mide a seguridade do medicamento, e quédalle un longo percorrido ata chegar ao uso clínico, pero ten un abordaje novedoso, explican os autores. Ata agora, o que se intenta coas terapias para a esclerosis múltiple é que non volva haber brotes (a enfermidade non actúa de xeito continuo, senón que o fai por episodios intercalados con periodos de estabilidade).
Neste caso atopouse —polo menos nos ensaios con ratas— que se pode interferir na actividade dunha proteína, chamada lingo-1, que bloquea o proceso de reconstrución da mielina dos nervios. O anti-lingo-1, como se chamou ao fármaco, impide esta actuación, o que levou en animais de laboratorio a unha recuperación das funcións nerviosas. O ensaio en persoas, de momento, non arroxou datos respecto diso. Nesta fase se reclutó a 72 persoas sas e a 47 que tiñan a enfermidade nunha fase de non actividade ou con baixa progresión, e, como é habitual nestes ensaios, dividíuselles en grupos para recibir placebo ou diversas doses do medicamento, que se administra inxectado.
O resultado principal do estudo foi que non houbo efectos secundarios de importancia. Pero, ademais, púidose determinar que cantidade de fármaco permitía manter no sangue o nivel óptimo de anti-lingo-1 que se viu en animais que permitían unha regeneración da mielina. Por iso Diego Cadavid, membro da Asociación Americana de Neurología e do laboratorio Biogen que desenvolveu o fármaco, mostrouse optimista: “Con estes resultados podemos empezar os ensaios de fase II para ver si este fármaco pode restituír a mielina e ten efecto na recuperación das funcións físicas e intelectuais”, dixo. Logo quedará un ensaio a gran escala para afinar os protocolos e medir definitivamente a súa eficacia, o que adoita levar anos, salvo que se decidise, como co ébola, que a situación dos pacientes é tan desesperada que se aceleren os prazos ou, directamente, sáltense estes pasos


Ainoha Gómez Cid 1ºD