domingo, 31 de agosto de 2014

O fármaco contra o ébola ZMapp demostra a súa efectividade en primates.

O fármaco experimental contra o ébola ZMapp demostrou unha efectividade do cen por cen na recuperación de dezaoito primates infetados co virus, segundo un estudio dirixido pola Axencia da Saúde Pública de Canadá.



Os investigadores administraron tres dosis de suero, en intervalos de tres días, a exemplares de macacus rhesus, cunha fisioloxía moi parecida á humana. Aínda que algúns animais comezaron o tratamento nunha fase avanzada da enfermidade, todos sobreviviron.

Polo contrario, os tres exemplares do grupo control que non recibiron o fármaco, morreron ao oitavo día. Ante a epidemia do ébola en África Ocidental que causou xa máis de 1500 mortes, este fármaco en fase de experimentación (un cóctel de tres anticorpos) foi administrado a varios pacentes, entre eles dous estadounidense que se recuperaron tras recibir o tratamento. Sen embargo, outros dos pacentes tratados con ZMapp non sobreviviron, entre eles o relixioso Miguel Pajares. Os investigadores cren que a efetividade do tratamento depende en gran medida do avanzada que esté a enfermidade.

Polo momento non se pode asegurar que este fármaco poda acabar co virus. Como xa vimos, non existe ninguna vacina aprobada para combatir o ébola, polo que o control da epidemia limitouse a ciudadanos paliativos e ao establecemento de barreiras para tratar de evitar novos contaxios.

Esta investigación permite soñar con fin da enfermidade, e ver por fin unha solución ao virus que está contaxiando a gran parte do continente Africano. Gary Kobinger, o patólogo da axencia pública canadiense que dirixiu os experimentos, sinalou nunha roda de prensa que o medicamento podería estar listo para o seu uso en humanos en menos de dous anos.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140829/farmaco-contra-ebola-zmapp-demuestra-100-efectividad-primates/1002141.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

No hay comentarios: