viernes, 12 de noviembre de 2010

Viaxe virtual ao través do Sistema Solar

Déixovos unha aplicación espacial chamado Eyes in the Solar System que permite navegar movéndose en calquera dirección por todo o Sistema Solar e compartir vistas desde os lugares exactos en que se atopan algunhas das misións máis populares da NASA, tanto ao redor da Terra como en órbita ou en viaxe cara a outros mundos do noso sistema planetario.
Para utilizala basta con visitar esta páxina da NASA http://solarsystem.nasa.gov/eyes/ e descargarse (completamente gratis) esta aplicación. Despois basta con gardar en favoritos a páxina e visitala cada vez que se queira dar un paseo espacial. O punto de partida é un mapa bidimensional, cheo de puntos de interese, tanto planetas como naves. Facendo clic sobre calquera deles empeza a viaxe.

O punto seleccionado se amplía a toda pantalla, e o resto do Sistema Solar pode verse desde a posición elixida, cambiando a vontade o ángulo ou a aproximación con só manexar o rato. A parte de abaixo da pantalla ofrece varios controis para elixir a data que queiramos (entre 1950 e 2050) ou aumentar ou diminuír a velocidade de movemento dos obxectos.
Editado Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: