domingo, 6 de febrero de 2011

Plantas que cambian de cor ante explosivos

Investigadores da Universidade de Colorado conseguiron modificar xeneticamente plantas para que reaccionen e cambien de cor ante a presenza de explosivos. A investigación, busca "ensinar" a determinadas plantas a desenvolver naturalmente certas proteínas de alerta ante "estímulos amenazadores".
Descubriuse a habilidade dalgunhas plantas de actuar como detectores altamente especializados ante ameazas biolóxicas e determinadas sustancias químicas. As plantas responden ao seu medio ambiente
Este proxecto conseguiu hortensias modificadas xeneticamente que palidecen cando entran en contacto con nitroglicerina. Por agora isto só ocorre no ambiente do laboratoria e baixo unha luz constante.
As plantas de laboratorio tardan en mostrar reaccións visibles varias horas, polo que o reto é conseguir que esta reacción prodúzase nuns minutos (se isto conséguese poderiamos detectar por exemplo explosivos nos aeroportos).


Feito por: Yurema Seara Núñez
Máis información:

No hay comentarios: