Eupodophis descouensi, que así foi chamado o exemplar, non é unha serpe calquera xa que é unha das poucas fosilizadas que conserva algún óso das patas, polo que o réptil resulta clave para estudar a orixe distes animais.
Aínda que esta tecnoloxía non é nova é a primeira vez que se emprega para estudar fósiles, é parece que deu bo resultado. Gracias a ela axudará ós investigadores a saber como deixaron de ter patas.
Alexandra Houssaye, investigadora do Museo Nacional de Historia Natural de París, salienta o feito de que a segunda pata non fora captada a primeira vista, xa que isto axudará a estudar o grao de regresión dos seus membros.
As serpes actuais proveñen dos lagartos terrestres ou dos que vivían nos océanos? Esta pregunta aínda está no aire pero a investigadora anteriormente citada di que non se pode descartar ningunha das dúas opcións e que poderían pasar dez anos ata encontrar a resposta.
Para máis información: click aquí
Lidia Blanco Otero 1ª Bac.A
No hay comentarios:
Publicar un comentario