Hoxe considero importante subir esta noticia, pois non só ocorren accidentes nucleares en Xapón, como o caso de Fukushima, senon que tamén en España aínda que de moita menos importancia malia seguese considerando un accidente. Como dixo tamén a nosa profe, Carmen na clase de CMC, os sucesos nucleares poden ser de tres tipos, segundo a Escala Internacional de Sucesos Nucleares (INES) :
desviación (non teñen transcendencia para a seguridade)
incidentes ( que se encontran entre os de desviación e os accidentes)
accidentes ( que poden ser de catro tipos a súa vez, e son son máis perigosos)
Iso é o que aconteceu o pasado xoves en Ascó (Tarragona). Unha válvula que se abriu por erro fixo uns 25.000 litros de auga contaminada chegara polos tobillos a 14 operarios do reactor 1 de dita central.
Os inspectores do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) deben determinar o alcance do incidente, que a espera deste dictamen clasificouse coma nivel 0 na Escala Internacional de Sucesos Notificables (INES) con sete niveis.
Disque o incidente vincúlase a gran cantidade de empresas subcontratadas que interveñen na central durante as paradas programadas do reactor.
O incidente foi o segundo que se rexistra nos ultimos 15 días e fixo que se orixinara un incendio que non provocou consecuencias graves.
máis información :
http://www.publico.es/ciencias/373734/otro-incidente-cuestiona-la-seguridad-de-ascoTatiana Nespereira Campuzano
No hay comentarios:
Publicar un comentario