Un forte terremoto de magnitude 5’2 na escala Ritcher precedido doutro menor de 4’4 azotou onte ás 18.47 horas ó municipio de Lorca, o terceiro máis importante da rexión de Murcia, con máis de 92.000 habitantes. Tamén chegou a sentirse en Cartaxena, Águilas, e incluso en Almería, Xaén, Málaga, Granada e Sevilla. O barrio de Las Viñas foi a zona máis afectada por esta forte sacudida, que deixou múltiples escenas de caos e desolación. Esta zona xa estaba acostumada a sufrir temblores, pero o do día de onte trátase dun dos máis fortes e duros na Rexión de Murcia, según a Red Sísmica do Instituto Geográfico Nacional.
Condicionantes que influiron nos danos do terremoto de Lorca: a superficialidade, o tipo de chan, e a cercanía do temblor a núcleos de poboación. No caso de Lorca, atópase asentada sobre areniscas do río Guadalentín, e a profundidade do hipocentro foi de 1Kilómetro, razón pola cal a súa repercusión foi maior.
Lucía Rodríguez 1ºB
Para máis información: http://www.rtve.es/noticias/20110512/geologia-del-terremoto-lorca/431976.shtml
No hay comentarios:
Publicar un comentario