A sonda Dawn da NASA obtivo unhas impresionantes imaxes da superficie dun asteroide que se atopa no cinturón de asteroides, entre Marte e Xúpiter, a uns 2700 millóns de quilómetros da Terra. Nesta enorme rocha espacial chamada "Vesta" foi atopada unha montaña tres veces o tamaño do monte Everest. Trátase dun pico de 22 quilómetros de altura que se eleva sobre a media do terreo do asteroide, sendo entón unha das montañas máis altas do Sistema Solar.
O obxectivo dos investigadores é coñecer cómo esta gran rocha se formou nos albores do sistema, ampliando o seu estudo durante un ano enteiro, que servirá para investigar a súa evolución xeolóxica e atopar pistas sobre cómo fóra a Terra no pasado,
Despois, a sonda abandonará Vesta e no 20015 está previsto que chegue a Ceres, un planeta anano de 1 000 metros de diámetro.
Fontes: http://www.abc.es/20111011/ciencia/abci-descubren-montana-tres-veces-201110111007.html
Soraya González Feijoo, 1º Bach. D
2 comentarios:
Pois oxalá se atope máis información acerca de como era a composición biolóxica da Terra no pasado, quen diría que un asteroide podería servirnos de tanto.
Unha noticia moi interesante Soraya.
Dime que che parece a corrección.
Carmen
Publicar un comentario