martes, 9 de octubre de 2012

A "SO-102": Un avance cara a teoría da relatividade de Einstein.

Un equipo internacional de investigadores atopou a estrela mais próxima ao burato negro central da Vía Láctea. Por parte española colaborou o Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA).
Nos anos 90 atopouse a estrela “SO-2” que tarda en orbitar o burato negro 16,2 anos. O  mesmo equipo é o que atopou a “SO-102” que tarda completar a súa órbita arredor do burato negro 11,5 anos (o periodo mais curto descuberto). Ambas orbitan a  unha velocidade de 10.000 quilómetros por segundo cando están próximas ao burato. Coñécense  moitas estrelas que orbitan estes buratos, pero só se acadou estudar mais do 50% de estas dúas.


Un burato nergro é unha rexión finita do espazo en cuxo interior existe unha concentración de masa moi elevada cun peso miles de millóns de veces superior ao do Sol que xera un campo gravitatorio tamén chamado horizonte de sucesos, tal que ningunha partícula material, nin sequera a luz, pode escapar dela. Estes corpos mantéñense elásticos no cosmos ata que algún elemento, como por exemplo unha estrela, achégase o suficiente como para ser absorbido pola sua forza gravitatoria e acabar destruido.
A gravidade dun burato negro é unha curvatura do espacio-tempo. Ainda así, hai corpos que orbitan entorno a el debido por mor desta curvatura, como a estrela da que se fala neste artigo.
        
As ecuacións da relatividade xeral de Einstein estudan a curvatura do espacio-tempo, a que predeciu a existenza dos buratos negros e foi o seu primeiro indicio. Por eso este descubrimento pode axudar a comprobar a teoría do científico alemán.

Artigo sacado de: La Región, publicado o 5/10/12.
Outras fontes de información: wikipedia y El Nacional

Alba Cortés Coego, 1ºBach.A

No hay comentarios: