O cosmos non deixa de
sorprendernos. O telescopio espacial XMM-Newton da Axencia Espacial Europea (ESA) captou unha
imaxe un tanto peculiar. O que en realidade é unha burbulla producida polo intenso vento dunha estrela masiva, parece o
rostro dunha inquietante criatura sacada dun dos contos de Lovecraft. O que
máis destaca desta curiosa face son os dous ollos (estrelas), un rosa e outro
laranxa, ámbolos dous moi destacados pola súa luminosidade.
Segundo a ESA, esta burbulla
ocupa uns 60 anos luz e foi creada baixo os fortes ventos emitidos pola
estrela de cor rosa (Wolf-Rayet HD 50896).
As
estrelas de xénero Wolf-Rayet son astros cunha masa 35 veces maior ca do Sol, polo
que son moi quentes e masivos. Expulsan
grandes cantidades de materia a través de vento estelar (corrente de plasma a
millóns de graos centígrados) que está representado coa cor azul na imaxe. O
halo verde que recobre a burbulla é producido pola colisión dunha onda de choque, que escapa da estrela, coas capas de materia expulsada anteriormente. Este
curioso rostro atópase a 5.000 anos luz do noso planeta, na constelación de Canis Major (Can Mayor).
A esta
estraña cara pronto lle chegará o seu fin, xa que acabará explotando e
dispersándose.
Engado un vídeo que recolle curiosas fotos tomadas polo telescopio espacial Hubble (HST).
Enlaces:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
2 comentarios:
Recorda alguén como se facían as fotos?
Fanse en blanco e negro, e despois daselle color segun dos compostos quimicos dos que estean formados.
Carlos Alvarez Sabucedo, 1ºBAC A.
Publicar un comentario