Nunha pequena
planta situada no norte de Inglaterra, lograron sintetizar gasolina a base de
dióxido de carbono presente na atmosfera e vapor de auga.
Ata o de agora,
producíronse cinco litros da súa gasolina nun experimento de proba de dous anos.
Remóvese o dióxido
de carbono da atmosfera e combínase con hidróxeno separado do vapor de auga, e
a través dun catalizador créase metanol. Cun biorreactor, o metanol convérsese
despois nun combustible que pode introducirse directamente no tanque de
gasolina.
É como a combustión ao revés e é o que lles da enerxía as plantas: entran CO2 e auga e salen moléculas de azúcar ricas en enerxía.
Ademais, este
sistema ten varias vantaxes. Aparte de usar aire e vapor de augua, a gasolina é
unha forma moi sinxela de almacenar enerxía, e tamén existe unha infraestrutura
por todo o mundo para o seu uso. Por outro lado, o sistema podería ubicarse xunto
a unha central eléctrica para ter produción local de gasolina sen depender dos
países produtores.
Os responsables
deste proxecto esperan que, nun plazo máximo de dous años, coa fabricación dunha
planta de maior tamaño, poidan producir unha tonelada deste combustible cada
día.
Según Tim Fox o
director de enerxía e medio ambiente na Institución de Inxeneiros Mecánicos de
Londres o proceso encóntrase aínda nas súas primeiras fases de desenvolvemento
e precisa de electricidade da red nacional no traballo da operación, pero desde
a compañía esperan que nun futuro non lexano, sexa posible aproveitar enerxía
de fontes renovables como a maremotriz ou a eólica.
“Parece e ule a
gasolina, pero é un produto moito máis limpo e claro ca derivada do
petróleo", revela Peter Harrison, máximo responsable da compañía encargada
do proxecto. "Non sumamos ningún dos aditivos que se poden encontrar na
gasolina convencional e pode ser empregada polos motores existentes".
Como ocorre con
moitos outros produtos enerxéticos e métodos de almacenamento, so o tempo e as
forzas do mercado poderán determinar qué tan lexos pode chegar a idea de
producir gasolina a partir do aire.
Enlaces:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/10/121019_ciencia_gasolina_aire_diferencia_tsb.shtml
http://www.eleconomista.es/ecomotor/motor/noticias/4346364/10/12/Gasolina-fabricada-a-partir-de-aire-y-agua-la-energia-limpia-definitiva.html
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
Enlaces:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/10/121019_ciencia_gasolina_aire_diferencia_tsb.shtml
http://www.eleconomista.es/ecomotor/motor/noticias/4346364/10/12/Gasolina-fabricada-a-partir-de-aire-y-agua-la-energia-limpia-definitiva.html
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
No hay comentarios:
Publicar un comentario