Fai dous días,
John Grotzinger, o investigador principal da misión Curiosity, anunciaba nunha
entrevista radiofónica que un dos instrumentos do vehículo recolleu datos que
"cambiarán os libros de historia" e que realmente prometen moito. De
inmediato, moitos pensaron que se estaba a referir a unha das noticias máis esperadas
pola comunidade científica internacional: o descubrimento de probas da
existencia de vida en Marte.
Nas súas
declaracións á National Public Radio norteamericana (NPL), o investigador da
NASA anunciaba que os resultados faríanse públicos nun par de semanas, posiblemente
durante a inauguración da conferencia anual da Unión Xeofísica Americana (UAG),
o próximo 3 de decembro.
Ata ese
momento, e para evitar erros, o equipo de investigadores realizará análisis
adicionais e toda clase de probas para asegurarse de que os datos do Curiosity
son o que parecen. Pero Grotzinger deu outra pista sobre a natureza do descubrimento.
O achado realizouse cun instrumento moi concreto do rover, o SAM (analizador de
mostras marcianas), capaz de detectar un gran número de compoñentes biolóxicos
presentes no aire ou nas rochas, así como de analizar materia orgánica.
SAM consta a súa
vez de tres instrumentos (un cromatógrafo de gases e dous espectrómetros diferentes)
que son capaces de buscar compostos do carbono, como o metano (gas que os
científicos levan tempo querendo encontrar), así como restos de osíxeno e
hidróxeno ou identificar materia orgánica.
Outros membros do
equipo do Curiosity responderon as preguntas dos medios. E se ben é certo que
ningún deles desmentiu a posibilidade de que o descubrimento estivera relacionado
coa presenza de vida en Marte. «O equipo científico está analizando os datos dunha
mostra do solo marcián, pero non se pode falar diso neste momento», dixo Guy
Webster, portavoz do Jet Propulsion Laboratory (JPL). «Esto non cambia os
procedementos habituais: deben confirmar os primeiros resultados antes de
facelos públicos», engadiu.
Por outra parte,
varios exobiólogos da NASA confirmaron que o ambiente que se respira en moitas
dependencias da axencia é de gran expectación.
Do que non cabe
dúbida é que estamos ante un descubrimento de suma importancia, e de que hay
moitas probabilidades de que ese achado esté relacionado coa procura de vida no
Planeta Vermello. Unha tarefa á que a Ciencia adicou xa varias décadas e que
supuxo, por agora, o envío de corenta naves científicas a Marte. Se todo vai
como está previsto, o próximo 3 de decembro a NASA desvelará o misterio. Ata
entonces, haberá que esperar…
Preguntas:
Podería o
Curiosity haber encontrado vida en Marte?
Que pode ser o que descubriu o Curiosity para cambiar os libros de
Historia?Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121123/abci-hallazgo-marte-cambiara-libros-201211230950.html
http://www.abc.es/ciencia/20121122/abci-curiosity-podria-haber-encontrado-201211220936.html
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Paula, quedamos impacientes... dásche conta o interesante que é a Ciencia? espero que cando termine este curso sigas coa curiosidade que hoxe demostras. Moi ben o teu traballo
Publicar un comentario