Un grupo de
astrónomos confirmou a existencia dun planeta coñecido como HD 40307g similar á
Terra na "zona habitable", arredor dunha estrela non moi diferente á
nosa na constelación Pictor.
Astrónomos
europeos e norteamericanos descubriron a so 42 anos luz de distancia, bastante
cerca en termos astronómicos, un novo planeta extrasolar que pode reunir as
condicións favorables para albergar vida. Esta superterra, que ten sete veces a
masa do noso mundo, parece dispoñer dun clima similar ao da Terra, unha atmosfera
estable e quizais auga líquida, xa que se encontra á distancia adecuada da súa
estrela, o que se chama zona de habitabilidade. Recibe unha cantidade de
enerxía moi parecida á que nos recibimos do Sol e ademais, se os científicos non
están equivocados, cumple con patróns de día e noite.
O autor principal
do traballo, Mikko Tuomi, sinalou que, foron capaces de identificar outros tres
planetas filtrando as sinais falsas emitidas pola actividade estelar. Para
logralo utilizaron novas técnicas de análise de datos, como o uso da lonxitude
de onda coma un filtro para reducir a influencia da actividade na sinal emitida
pola estrella. De esta forma, aumentaron a súa sensibilidade, permitíndolles
detectar tres novos planetas superterras arredor da estrela anana HD 40307, xa
coñecida.
A distancia entre
o Kepler 22-b e o seu sol é 15% menor ca distancia entre a Terra e o sol,
mentres o seu ano dura uns 290 días. Sen embargo, o seu sol emite un 25% menos
de luz, o que mantén o clima temperado do planeta. Esto favorecería a existencia
de auga líquida e dunha atmosfera estable para soportar a vida. Por si fora pouco,
os astrónomos cren probable que o novo mundo xire sobre o seu propio eixe a medida
que orbita arredor da estrela creando un efecto diúrno e nocturno, o que
favorece un entorno similar ao que nós disfrutamos aquí na Terra.
Os resultados
suxiren que os planetas cuxos tamaños oscilan entre o da Terra e catro veces o
da Terra -as chamadas superterras- poden ser máis comúns do que se cre.
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Para incentivar a participación dos teus compañeiros deberías incluir no post unha ou varias preguntas. Neste caso podería ser: canto tempo tardaríamos en chegar ata o novo planeta extrasolar?.
Publicar un comentario