Así pois, a aterraxe do Curiosity foi a seguinte:
A cápsula que transportaba ao Curiosity alcanzou a atmósfera do planeta roxo sete minutos antes da aterraxe, cunha velocidade de 20.000 km/h.
Nos primeiros catro minutos, a fricción da atmósfera reduciu a velocidade ata os 1.500 km/h, pero a cápsula alcanzou temperaturas altísimas que logrou superar grazas a presenza dun escudo térmico. A cápsula freou aínda máis grazas a un xigantesco paracaídas, tal e como se planificara.
Na fase final da aterraxe, unha plataforma voadora con retrocohetes desprendeuse da cápsula. Aos 20 metros de altura e 20 segundos antes da aterraxe, a plataforma soltou o Rover colgándoo de tres cables de nailon de 6 metros cada un. Despois de poñelo suavemente na superficie do planeta, o Curiosity despregou as súas seis patas de rodas e iniciou a súa aventura en Marte.
Cientícos de todo o mundo festexaban a aterraxe do Curiosity no cráter Gale, que foi bautizada como : os sete minutos de terror.
1 comentario:
Faltan as etiquetas e as fontes.
Publicar un comentario