En 1953, Francis Crick e James Watson revolucionaron a investigación xenética cun achado co
que acadaron o Premio Nobel de Medicina en 1962: a estrutura de dobre hélice da molécula de ADN, a macromolécula que contén toda a información xenética
transmitida de célula a célula e de xeración en xeración. Agora, sesenta anos
despois, a historia do ADN segue escribíndose. Investigadores da Universidade
de Cambridge afirman que o xenoma humano contén tamén estruturas de cuádruplas hélices.
Estudos anteriores,
realizados só en experimentos “in vitro”, anticipaban a existencia desta cuádrupla
hélice, o que era considerado coma unha curiosidade. O Instituto de
Investigación de Cambridge logrou, por primeira vez, demostrar
a existencia destas estruturas complexas en células humanas vivas, tras máis de
10 anos de investigación.
O estudo mostra unha relación
clara entre as estruturas de catro febras e o proceso de replicación do ADN, esencial
para a división celular. O equipo británico sabe que estas hélices cuádruplas
están máis presentes en xenes de células que se dividen con maior rapidez, como as células canceríxenas.
Un dos membros do equipo sinala que en base a este
descubrimento poderíase atrapar o ADN con moléculas sintéticas, “secuestralo” e
estabilizalo, un dato moi importante sobre cómo poder deter a división celular
nesta clase de células. Engade que moitos tratamentos actuais do cancro xa
atacan o ADN, pero non está claro cales son as regras que seguen, nin en que
parte do xenoma reaccionan.
Este achado abre novas posibilidades para unha nova
xeración de tratamentos de cancro, aínda que, dende o meu punto de vista, deixa
moitas incógnitas no referente á definición formal e funcional desta novidosa estrutura.
FONTES DE INFORMACIÓN
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
Os que nos gusta a bioloxía teremos que estar atentos a estas novos resultados sobre a estrutura do ADN.
Publicar un comentario