Hoxe en día a coproloxía é unha especialidade plenamente desenvolvida. Estes excrementos teñen moito valor anque son escasos pois é difícil que se preserven ben porque son inxeridos por outros animais ben porque se disolven na auga ou porque se descomponen ou disgregan. Pero unha pequena cantidade chegou ata nós no rexistro xeolóxico o que está sendo moi aproveitado. Gracias a elas sabemos que comían os seus produtores anque o máis difícil é saber a que animal pertencen. Tal é o caso do Tyrannosaurus Rex cuxos excrementos presentaban moitos fragmentos óseos cousa que chamou moito a atención porque se cría que eran capaces de dixerir a maioría dos ósos que comían. Parece ser que non era así e que o seu proceso dixestivo nin era tan rápido nin tan intenso e que pulverizaban a osamenta das vítimas a forza de mordiscos.
Pero o que abriu un novo campo de investigación foi a análise do ADN presente nestas cacas fosilizadas. Isto permitiu dar información non só sobre a dieta senón tamén sobre os desprazamentos dos animais que as producián. Así pois a arqueóloga Kristin Sobolik da Universidade de Maine propuxo buscar o ADN nalgúns das miles de excrementos atopados na cova Hinds, un antiquísimo asentamento do sur de Texas. Nesas están. O caso é que os avances en bioloxía molecular fan que estes excrementos prehistóricos sexan o eixe da paleobioloxía.
Brais Casas Fernández
Fontes de documentación:
bil.ly/QuqMiJ
bil.ly/QuqMiJ
socserv.mcmaster.ca/adna
bi.ly/Sav7G5
1 comentario:
Brais,post interesante e curioso.
O primeiro e o terceiro enlace das fontes de documentación non funcionan, poderías correxilas?
Publicar un comentario