O Goddard Institute
for Space Studies (GISS), organismo dependente da NASA que estuda o cambio
climático, con sede en New York, confirmou que o ano 2012 é o noveno ano máis caloroso
dende que se comezaron a tomar rexistros globais en 1880. Pero o apunte máis
preocupante é que, agás o 1998, os nove anos máis cálidos do rexistro tiveron
lugar no século XXI, sendo o 2010 o ano máis quente da historia, seguido de
cerca por o 2005.
Despois de analizar
a temperatura do 2012 e comparala coa media dos últimos 60 anos, advirten que a
Terra está experimentando temperaturas cada vez máis altas, como se pode
apreciar neste vídeo:
A temperatura media
do 2012 foi de 14,6ºC, o que supera en 0,6ºC á que se viña rexistrando dende
mediados do século XX. Dende 1880, a temperatura media no noso planeta elevouse
0,8ºC en conxunto. Segundo o informe, cada década é significativamente máis calorosa
que a anterior dende mediados dos 70, e apuntan que nos próximos dous ou tres anos ocorrerá un
novo fenómeno El Niño, que
probablemente fará que se supere o récord de temperatura global máxima do 2010.
Baseándose nos datos recompilados,
conclúen que o planeta estase a quecer debido as enormes cantidades de dióxido de carbono que emitimos á atmosfera. A concentración de CO2 na atmosfera en 1880 era
de 285 partes por millón; en 1960 subiu a 315 partes; e os análises actuais
poñen de manifesto que a día de hoxe supéranse as 390 partes por millón.
Os científicos
sinalan que aínda que as temperaturas sofren variacións dun ano a outro, o
incremento continuado na emisión de gases de efecto invernadoiro provocarán que
a media das temperaturas globais sigan subindo.
FONTES DE INFORMACIÓN:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/natura/1358339688.html
http://www.abadiadigital.com/los-9-anos-mas-calurosos-desde-1880-se-han-dado-en-lo-que-llevamos-de-siglo-xxi/
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
Penso que o planeta
Terra está a quentarse e que todos “colaboramos” a elo, aínda que haxa teorías
que o contradigan.
¿Cómo afectarán
estas subidas de temperaturas a nosa vida?
¿Cumpriranse as teorías do desxeo e da extensión dos desertos?
¿Cómo afectará a estrutura poboacional?
FONTES DE INFORMACIÓN:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/natura/1358339688.html
http://www.abadiadigital.com/los-9-anos-mas-calurosos-desde-1880-se-han-dado-en-lo-que-llevamos-de-siglo-xxi/
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
2 comentarios:
Como poderiamos colaborar en que non seguira subindo a Tª do planeta Terra?
O máis efectivo sería reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro como poden ser o dióxido de carbono ou o óxido de xofre. Usando o transporte público, controlando as emisións das industrias e utilizando enerxías renovables son unhas das moitas maneiras de colaborar co planeta. Pero voltamos sempre ó mesmo, o importante é a conciencia da xente e ter claro que cada graniño de area é importante.
Publicar un comentario