As bacterias foron partícipes do proceso no cal a
materia inorgánica deu lugar á vida. A súa estrutura actual, con ADN e parede
celular, é a base das células dos seres vivos máis desenvolvidos. Unha das
estruturas máis complexas das nosas células, as mitocondrias onde se sintetizan
as moléculas que conteñen a enerxía (ATP), atribúese a un tipo de simbiose entre unha bacteria maior
e unha menor que ó integrarse formaría as mitocondrias tal e como o explicou Lynn Margulis, bióloga
estadounidense clave na teoría do evolucionismo.
Pero fai millóns de anos as bacterias non eran igual que hoxe. Os
microorganismos primitivos carecían de parede celular e proteínas.
O feito de que algunhas bacterias carezan de parede
celular na actualidade, suxire que esta estrutura protectora que teñen case
todas, foi unha adquisición evolutiva. Nalgúns casos bacterias normais volven ó
seu estado primitivo, o que nos permite ver cómo eran fai millóns de anos.
Tamén carecían das proteínas necesarias para a súa división.
As encimas (que son proteínas) son a base para realizar todos os procesos
celulares. Sen embargo as bacterias de aqueles tempos tiñan que se reproducir.
Investigadores da Universidade de Newcastle
publican en Cell a súa explicación de cómo se replicaban. Non
seguían parámetros biolóxicos, senón físicos. Dun modo semellante a cando unha
pompa de xabón divídese en dous ó alcanzar unha determinada relación entre volume
e superficie, as bacterias ó alcanzar a suficiente presión no volume do seu
interior dividíanse. Os científicos conseguiron gravar imaxes, un pouco aceleradas,
do máis parecido ó que ocorría fai 4.000 millóns de anos.
Aínda que o vídeo estea en
inglés, as imaxes son moi ilustrativas.
PREGUNTAS
1. Aquí se fala sobre as bacterias de fai 4.000 millóns de anos pero, cómo se reproducen actualmente as bacterias? E cómo se replica o seu ADN?
2. Cómo se chama a teoría que defende Lynn Margulis ante o evolucionismo?
3. O texto di que a vida apareceu a partires da materia inorgánica. Quen foi o primeiro que comprobou mediante un experimento que esta afirmación, ou polo menos parte dela?
FONTE DE INFORMACIÓN:
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
2 comentarios:
A actuais bacterias reprodúcense de forma asexual, mediante división binaria. Teñen tamén un mecanismo "sexual" de reprodución, chamado parasexualidade bacteriana. Neste caso as bacterias intercambian o seu material xenético: unha bacteria doadora transfire unha pequena cantidade de ADN á unha bacteria receptora.
A teoría que Lynn Marguilis defende chámase "Simbioxénese". Defende, principalmente, que os seres eucariotas xurdiron como consecuencia de procesos simbioxenéticos entre células procariotas.
Miller e Urey foron os primeiros en demostrar empíricamente a formación de materia orgánica a partires de sustancias inorgánicas simples e nunhas condicións ambientais concretas. Este vídeo explica o seu experimento http://youtu.be/Dub8ud4a7xk
Paréceme unha noticia moi oportuna, xa que relaciónase cos temas que vimos nas asignaturas de CMC e Bioloxía este trimestre.
Antía Quintana, 1º BACH A
Iago e Antía moi ben. Vexo que estades atentos e ademais relacionades o traballado en clase coas noticias que aparecen na prensa. Iago as preguntas fixeron que Antía poidera colaborar contigo, volvo a repetir síntomo orgullosa de vós.
Publicar un comentario