Investigadores do grupo Inmunogenética de la Universidad de Xaén, xunto coa empresa Tharsis Biomed e o grupo de Nanobiosensores e aplicacións analíticas do CSIC implementaron un biosensor baseado nunha prancha de ouro sobre a que se aplica unha proteína que permite capturar anticorpos de forma ordenada. Os anticorpos son moléculas que identifican as substancias estrañas e microorganismos que invaden o organismo. Esta capacidade de detección de moléculas como virus ou hormonas é a que utilizan os chips desenvolvidos polos investigadores jienenses.
Esa orientación ordenada dos anticorpos é, precisamente, unha das innovacións do dispositivo. As moléculas colócanse mirando cara a arriba, na mesma dirección, unha característica que aumenta a sensibilidade e precisión do sensor. Os sensores están desenvolvidos para detectar en escasos segundos substancias como hormonas do crecemento ou virus no sangue. Cando as localizan prodúcese un cambio do patrón da luz do sensor, o que indica que descubriu esa proteína ou virus. A celeridade é unha das principais vantaxes dobiosensor, que supera os métodos tradicionais utilizados actualmente denominados test ELISA e que requiren varias horas para a análise.
A utilización de proteínas con capacidade de unirse ao ouro faino máis efectivo. Ademais, este metal non sofre desgaste, o que leva consigo unha posterior reciclaxe de soporte que se pode usar en múltiples ocasións, aforrando custos.
FONTES:
Muy Interesante
Paula González Quintas 1º C
1 comentario:
Publicar un comentario