Un estudo,
levado a cabo por investigadores da Universidade de Sevilla, desvela que,
grazas ás súas propiedades, o aceite de oliva virxe extra (AOVE) pode previr o
desenvolvemento de enfermidades autoinmunes coma esta. O consumo deste alimento
xunto cun tratamento farmacolóxico e terapéutico un tanto complexo, evita o seu
desenrolo. O AOVE produce así efecto antioxidante, antiinflamatorio e
inmunomodulador beneficioso na nutrición clínica.
A
investigación aínda está en proceso. Estanse realizando estudos in vitro con algúns compoñentes do AOVE
en células humanas de enfermos de lupus, e in
vivo con animais.
Xa dende a Antigüedade o aceite foi empregado para usos medicinais debido as súas propiedades oleosas. Este estudo poderá facernos saber máis dos moitos beneficios que ten este alimento tan propio da nosa dieta mediterránea.
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
2 comentarios:
Antía, coñeces algúns outros alimentos que podan ter efectos saudables?
O té, por exemplo, estimula o ritmo cardíaco, prevén enfermidades do sistema nervioso e o Alzheimer; a canela axuda a metabolizar a glicosa; a mazá contén flavonoides e quercitina, que coas súas propiedades antioxidantes preveñen moitas enfermidades, coma algúns tipos de cancro; a alcachofa aporta fibra, evita o colesterol e os triglicéridos, é antiinflamatoria, diurética e baixa a presión arterial.
Pódense atopar outros 46 alimentos con efectos saudables neste artigo: http://elpais.com/diario/2009/07/05/eps/1246775213_850215.html
Publicar un comentario