Un estudo revela
que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de
desaparición
Parece ser que unha
destacada científica australiana, Jenny Graves, indicou no seu discurso ante a
Academia de Ciencias de Australia que o cromosoma responsable dos xenes
masculinos está en proceso de desaparición. Sen embargo, engadiu que a boa
noticia disto é que o proceso de extinción completa do home como especie
tardará uns cinco ou seis millóns de anos máis en completarse.
A clave está no
cromosoma sexual masculino e a súa fraxilidade porque por exemplo, o cromosoma
feminino X contén máis de 1.000 xenes, ademáis de que as mulleres teñen dous
cromosomas deste tipo (XX). En cambio, o masculino Y, nun principio dispoñía do
mesmo número de xenes que o seu homólogo feminino. Pero ao largo de centos de
millóns de anos destruíuse pouco a pouco, facendo que os cromosomas do home
moderno actualmente conten xa con menos de 100 xenes.
Ademais, a
experta en xenética, destaca a importancia da presenza dun par de cromosomas do
mesmo tipo nas células femininas, xa que permite a substitución dos xenes
danados cando é necesario. En cambio, no caso dos homes, ao non existir «compañeiros
celulares», cando un cromosoma é danado, o seu reemprazo é imposible.
A pesares de todo, algúns
expertos aseguran que a medicina ten aínda moito tempo por diante para
enfrentarse a este desafío e conseguir dar coa solución.
Cinco ou seis millóns de
anos deberían ser tempo suficiente para que a ciencia chegue a producir unha
cura que probablemente se transformará nun premio Nobel», recoñece o profesor
Chris Mason, da Universidade de Londres.
Tampouco
se sabe como será o futuro da mesma natureza humana. Os expertos cren que os cromosomas poden comenzar
a substituírse uns por outros, ou incluso crearíase unha nova especie de home.
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Paula, non cres que sería máis adecuado poñer o título do post en interrogante?
Publicar un comentario