A FAO (organización das
nacións unidas para a alimentación e a agricultura) móstrase moi a favor da
inxesta de insectos como dieta habitual.Pódenos resultar algo
repugnante, pero estímase que polo menos dous millóns das persoas,
principalmente en África e Asia, xa incluían estos animais na súa alimentación
dende fai anos, maioritariamente debido á súa cultura e costumes.Quizáis cambiemos de opinión
ao coñecer o gran valor nutritivo destas especies, que contan cun alto índice
de proteínas, grasas saudables, vitaminas, calcio e sales minerales, moito máis
que por exemplo a carne de vacuno.
¿Qué vantaxes ofrece fronte á carne do gando común?
-
Os insectos teñen un fácil
acceso para todo o mundo, posto que se atopan en gran cantidade na natureza
mesma, ou, no caso de querer crialos, o seu gasto
veríase moi reducido, xa que
só se precisarían 2kg de alimento para producir 1kg de carne, mentres que no
caso dunha vaca, precísanse
8
kg de alimento para producir un de carne.
- Apenas producen emisións
contaminantes para o medio ambiente como o metano, amoníaco, gases de efecto
invernadoiro ou estiércol.
Os insectos teñen un fácil
acceso para todo o mundo, posto que se atopan en gran cantidade na natureza
mesma, ou, no caso de querer crialos, o seu gasto
veríase moi reducido, xa que
só se precisarían 2kg de alimento para producir 1kg de carne, mentres que no
caso dunha vaca, precísanse 8
kg de alimento para producir un de carne.
A idea de expansión de territorios de cultivo resulta totalmente insostible para o medio ambiente; os océanos agótanse e o cambio climático faise cada vez máis notorio, o que dificultaría o cultivo.
En 2030, calcúlase que o mundo terá que alimentar a máis de 9.000 millóns de habitantes, ademáis dos miles de millóns de animais que se crían anualmente.
Entón, ¿por qué non optar por unha dieta que inclúa insectos? Sen dúbida, sería unha opción para combater a fame no mundo, ou polo menos sería de gran axuda.
Fontes de información:
2 comentarios:
Este hábito de comer ou alimentarse de insectos denomínase entomofagia. O insecto comestible máis calórico é a formiga texedora (Oecophylla smaragdina), que vive en Australia e ten unha chamativa cor verde no abdome.
No mundo occidental resulta "repugnante" pensar en comer insectos pero, como ben di Gloria, é por motivos culturais. A FAO explica que esa repulsión que nos produce a entomofagia podería deberse a que o denvolvemento da agricultura sedentaria fixo que os nosos devanceiros percibisen ós insectos coma unha ameaza para a producción de alimentos. Na miña opinión ese rexeitamento é un caso máis de etnocentrismo.
Que lle parecerán a algúns os percebes ou as gambas? e todo cuestión de costume.
Publicar un comentario