O tribunal
Supremo de EEUU fallou o pasado xoves que os xenes humanos non poden ser
patentados: o material xenético extraído do corpo humano non pode ser
propiedade de ningún laboratorio ou compañía científica aínda que lograra illalo.
Con esta decisión resolveuse un litixio coa compañía de
biotecnoloxía Myriad Genetics Inc. que reivindicara a propiedade
de dous xenes, o BRCA1 e o BRACA2 relacionados cunha maior probabilidade
de herdar o cancro de mama ou de ovarios respectivamente.
Dita compañía, especializada nas probas de ADN, análise
que sirve para determinar se unha persoa é xeneticamente propensa a unha
enfermidade, patentou a secuencia destes xenes relacionados con tumores
malignos nos anos 90, tras illalos e clonalos satisfactoriamente coa colaboración
da Universidade de Utah. Tras patentar o seu descubrimento, creou un test
médico relacionado coa mutación (BRA Canalysis). Ninguén podía investigar sobre
eses xenes nin desenvolver aplicacións médicas. Debido a patente as probas
diagnósticas eran, e son, moi caras (ata 4000 dólares) e non están ó alcance de
todo o mundo.
A compañía foi demandada por investigadores de distintas Universidades
e pola Asociación para a Patoloxía Molecular (APM) ante o tribunal de Distrito
Sur de New York, que lle deu a razón no ano 2010, pero Myriad apelou xa que
afirmaban que eles obtiveran o contido xenético asociado ás enfermidades.
O pasado xoves, a Corte Suprema estadounidense sentenciou
que un xene que exista na natureza non é algo patentable. “As leis da natureza,
os fenómenos naturais e as ideas abstractas son ferramentas fundamentais para o
traballo científico e tecnolóxico que non entran no ámbito de protección das
patentes” conclúe a sentenza.
Sen embargo, o tribunal deixa aberta a porta, a que poida
patentarse o ADN sintético “xa que non foi producido de xeito natural”.
Influirá esta decisión en
futuras investigacións, como asegura a compañía?
Fontes de información:
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario