Hai uns días un compañeiro meu falaba
sobre a aparición de sangue líquido e tecidos musculares moi ben conservados
nun mamut femia por parte dun equipo ruso. O que chama a
atención é que todos os anos aparecen noticias deste tipo mais o que cambia na
de hoxe é que, como dixen, apareceu sanque líquido e a pregunta é: como o
sangue pode permancer líquido despois de 10000 anos? Os científicos españois
coinciden en que isto non ten ningunha base científica porque os mamuts
consérvanse en xeo non en nitróxeno líquido polo que se deberon formar cristais
que derramarían o ADN e sabemos que só estando o ADN nun estado aceptable se
pode recuperar ademais de que a célula debe ser viable e manter o seu núcleo
intacto. E no suposto de que se cumprisen todos estes pasos habería outros como
atopar un óvulo para introducir o núcleo da célula do mamut, dunha especie
xeneticamente parecida e que se reprogramase adecuadamente e sería una elefanta
da India, que é parecido pero cun salto de miles de anos e… Total; que é imposible. O “curioso” é
que no equipo ruso participa Hwan Woo-Suk quen no 2004 anunciou ao mundo a primeira clonación
de embrións humanos que se descubriu era falsa.
Quizais
este tipo de noticias sexa unha mostra de que falla a cultura científica pois
as afirmacións teñen que estar avaladas científicamente.
Brais Casas Fernández
2 comentarios:
Brais, na túa fonte de información, sae o nome dun científico galego de gran prestixio internacional en Biotecnoloxía, que é?
É o xenetista Angel Carracedo,director do Instituto de Medicina Megal da Universidade de Santiago que afirma que as células sexan viables é algo moi improbable.
Publicar un comentario