A elección da cidade gañadora, (como Capital Verde Europea 2016), entre as 12 que se presentaron, levarase a cabo por un grupo de 12 expertos pertencentes á Comisión Europea. Este ano España conta cunha dobre candidatura: Santander e Zaragoza.
As dúas serán avaliadas por Javier González Vidal , técnico en residuos e contaminación da Consellaría de Medio Ambiente da Comunidade Valenciana.
Pero, que é o que valoran os expertos?
Ademais de pertencer a Unión Europea e ter unha poboación que non supere os 200.000 habitantes teñen que ser "un exemplo a seguir", deben de traballar para mellorar o entorno urbano ou servir de inspiración a outras cidades.
E o máis importante , que é o que move as cidades a presentarse?
Non é a compensación económica, se non o recoñecemento internacional das boas condutas dos gobernos locais por conseguir a mellor conservación do medio e deste xeito beneficiar os seus cidadáns ,así o expresaba o alcalde de Zaragoza: "a saúde e a calidade de vida dos cidadáns non teñen prezo".
Soamente queda esperar ata o próximo Xuño de 2014 ,data na que será anunciada a gañadora nunha cerimonia en Copenhaguen, Dinamarca, cidade, que ostenta o título de Capital Verde Europea 2014.
Patricia Moreiras Arias 1º BACH.D
No hay comentarios:
Publicar un comentario