Unha agrupación
de científicos de varias universidades acaban de publicar na revista Science,
un estudo que vai deixar resolta a polémica aberta dende fai máis de tres
décadas sobre a desaparición dos dinosauros: a extinción destes animais
coincidiu no tempo co impacto dun gran meteorito contra a Terra.
A primeira
hipótese sobre a desaparición dos dinosauros remóntase a 1980, cando Luís Álvarez,
de orixe español, xa falecido Premio Nobel en Física, e o seu fillo Walter, da
Universidade de Berkeley atoparon que, nos estratos xeolóxicos de varias
rexións do mundo que marcan o límite xeolóxico K-T (Cretácico e Terciario), había unha capa
fina de iridio que só se atopa en determinadas clases de meteoritos e concluíron que un
enorme asteroide tivo que impactar contra a Terra. Esta conclusión foi apoiada
máis tarde, cando nunhas prospeccións petrolíferas en Yucatán (Golfo de
México), descubriron un cráter submarino de 180 km de diámetro aproximadamente,
datado de fai 65 millóns de anos, que sería o candidato perfecto para ser o
responsable da capa de iridio que envolveu ó planeta.
Tras este achado
comezou o debate para comprobar se o impacto do meteorito e a extinción dos
dinosauros coincidían no tempo.
En 1993, outro equipo
de Berkeley, fixo unha primeira aproximación de que ambas datas coincidían,
pero segundo revisións actuais daquelas datacións, a extinción dos dinosauros
producírase 180.000 anos antes que a caída do meteorito.
Recentemente, o
equipo de investigadores do Centro Xeocronolóxico de Berkeley (BGC) da Universidade
de California, ó mando de P. Renne, xunto con científicos de Holanda e Reino
Unido, determinaron cunha exactitude sen precedentes a data do impacto do
meteorito: 66.038.000 anos, que é a mesma dentro dos límites de error que a
data da extinción, polo que se entende que ambos acontecementos foron
simultáneos.
Empregando a técnica de datación argón-argón, dataron con
gran exactitude unha serie de tectitas (pequenas esferas cristalinas formadas
nos impactos) achadas en Haití. Logo dataron as cinzas volcánicas de Hell Creek
(Montana), un lugar moi rico en fósiles de dinosauros. Só 11.000 anos
diferenciaban ambas
datacións. A sincronización de ambas
datas, a de colisión e a de extinción,
fainos concluír que un gran asteroide tivo un papel moi importante na desaparición
dos dinosauros. Pero sinalan que non foi a única causa. Unha variación
esaxerada no clima durante os últimos millóns de anos, con tempo largo e frío
en medio dun ambiente de invernadoiro, puido iniciar a extinción desta especie,
que acabaría rematada co impacto do meteorito.
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.publico.es/450357/nuevas-evidencias-de-que-un-asteroide-acabo-con-los-dinosaurios
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
A caida hoxe dun pequeno meteorito en Rusia e que causou centos de feridos, pode darnos unha idea da gravidade do choque do meteorito de fai máis 65 m.a.
Publicar un comentario