Un grupo de
investigadores, liderados por Byrappa Venkatesh, da Universidade de Singapur,
secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do
sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.
As Quenllas son uns animais interesantes dende o punto de
vista evolutivo: encóntranse entre os vertebrados con mandíbula articulada máis
antigos que non se extinguiron. Dentro dos GNATOSTOMADOS, había dous grupos, con madíbula
cartilaxinosa e con mandíbula ósea, que sendiferenciaron hai 400 m.a.,según
Wesley Warren, investigador do Instituto do Xenoma da Escola de Medicina da
Universidade de Washington.
A Quenlla elefante (Callorhincus
milii), é unhas das quenllas máis
raras do planeta, e ten unha trompa coa
que escarba no fondo mariño para cazar crustáceos, de ahí o apodo de
“elefante”.
O estudo e
comparación do xenoma desta quenlla,
pode axudar a identificar as adaptacións xenéticas claves na árbore evolutiva.
Ten un xenoma compacto de 1000 millóns de pares de bases (aproximadamente 1/3
do xenoma humana)e iste xenoma é o que máis despacio evolucionou de todos os vertebrados coñecidos.
Da comparación do
xenoma da quenlla elefante con o doutras especies, podemos ter un certo
coñecemento sobre a base xenética da formación dos ósos e a adaptación do sistema
inmune, o que permitirá entender mellor certas enfermidades humanas, como a
osteoporose e desenvolver terapias.
Os investigadores
descubriron a ausencia dunha familia de xenes, que sí están presentes en todos
os vertebrados con ósos; a eliminación destes xenes provoca a disminución na
formación dos óso; isto indica a seu papel no desenvolvemento óseo.
A quenlla elefante,
ten un sistema inmune simple e eficaz, moi diferente ó dos mamíferos, pero
capaz de combatir unha grande variedade de infeccións de manera igualmente
eficente, , polo que, según un dos coautores, T.Boehm. do Instituto Max Planck
de Inmunoloxía e Epidemioloxía de alemania, “ indica ca natureza ofrece
solucións diferentes para o mesmo problema”.
Fuentes: ww.elmundo.es/ciencia/2014/01/08/52cc4e65ca47414c528b458c.html
Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A
No hay comentarios:
Publicar un comentario