O principal e obvio problema da enerxía
solar é que as veces, o sol non brilla, agora o equipo do Instituto
Tecnolóxico de Massachusetts xunto coa Universidade de Harvard encontrou
unha solución ao asunto; un material que é capaz de absorber a
calor do sol e almacelar esa enerxía en forma química, lista para
ser liberada de novo cando se precise.
Na revista Nature Chemistry, Jeffrey
Grossman explica que esta solución non é eficiente á hora de
producir electricidade, mais, en aplicacións nas que a calor é a
saida desexada como a calefacción ou mesmo a cociña, podería ser
unha oportunidade para a expansión da enerxía solar, xa que esta,
convertese en calor e como dixemos antes é almacenable e
distribuible.
O funcionamento deste material
explicase do seguinte xeito: as moléculas poden asumir unha forma
das dúas posibles. A exposición á luz solar fai que absorban
enerxía e salten dunha configuración a outra, que logo se estabiliza durante longos períodos de tempo.
Estas moléculas poden reactivarse e
facer que volvan á outra configuración aplicando calor, luz ou
electricidade, e cando se relaxan emiten calor.
É dicir, podemos definir este material
coma unhas baterías térmicas recargables que toma a enerxía do
sol, almacénaa indefinidamente e desprendea baixo demanda.
Grossman baralla as posibles
aplicacións e destaca a súa utilidade como combustible para cociñar
xa que é reutilizable e non produce emisións contaminantes.
FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20140420/abci-cientificos-descubren-como-generar-201404161442.html
Pilar Veloso Trigo, 1º Bach. C
No hay comentarios:
Publicar un comentario