Só o 12% respiran o que a organización considera aire limpo, que no caso das partículas PM10 -chamadas así polo seu diámetro, inferior a 10 microns- é dunha media anual de 20 microgramos por metro cúbico.
As causas son variadas: a dependencia dos combustibles fósiles, como nas plantas que producen enerxía con carbón; o transporte en vehículos privados ou a escasa eficiencia enerxética nos edificios...
" Temos visto que a situación empeora, sobre todo en países de crecemento económico rápido, os chamados emerxentes. Nos industrializados, os datos non melloran como viñan facéndoo nos últimos 20 ou 30 anos", sinala María Neira, directora do departamento de Saúde Pública e Medio da OMS.
A finais de abril a OMS revelou que a contaminación é máis daniña para a saúde do que se cría. A relación entre a exposición ó aire sucio e as enfermidades respiratorias, cardiovasculares, os accidentes cerebrovasculares e o cancro resultou son moito maior. A OMS cuantificou que uns sete millóns de mortes en 2012 foron causada pola contaminación, parte á atmosférica (2,6 millóns) e parte á interior (4,3), a que se produce dentro do fogar.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/05/07/actualidad/1399496435_184044.html
PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº13 1ºBACH D
No hay comentarios:
Publicar un comentario