Datos oficiais da Unión Europea calculan que dous tercios dos residuos electrónicos non chegan ás correspondentes plantas de reciclado e que o tráfico de residuos move xa máis diñeiro que o negocio da droga.
En cada país a situación é diferente. En España o problema non ven dado tanto polo tráfico senón pola neglixencia ante o tratamento inapropiado nas chatarrerías.
Membros da OCU (Organización de Consumidores e Ususarios) colocaron en total 16 rastreadores en residuos electrónicos en diferentes puntos de toda España e soamente 4 deles chegaron ás adecuadas plantas de reciclaxe, o resto foron eliminadas ilegalmente.
Os residuos electrónicos conteñen, entre outros materiais, metais preciosos como oro e prata e tamén cobre, chumbo e terras raras como o lantano, o terbio ou o neodimio, moi cotizados pola industria electrónica, cuxo tratamento supón gravísimos problemas de saúde para os traballadores dos basureiros electrónicos e para os nenos que se crían nesas zonas e demáis poboación.
Fontes de información:
- http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/28/5384c82de2704ed75d8b4592.html
- http://www.ocu.org/
Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A
No hay comentarios:
Publicar un comentario