Nuns días cúmprense dous anos da finalización das obras do proxecto Castor. Este xigante de 1.800 millóns de euros, está agora lexos de ser o que estaba previsto que fose, debido aos máis de 500 microseísmos rexistrados no seu entorno. Este macroprograma destinado para garantir o suministro de gas en todo un país é, nestes momentos, como un xigante ferido que se tambalea e a súa caída podería ter consecuencias económicas moi desfavorables para as arcas estatais, si é que antes non se atopa unha solución.
As causas
Do gas para o futuro a un presente con máis de 500 seísmos
O proxecto Castor ideárase para asegurar o suministro de gas de cara ó futuro en boa parte de España en caso de necesidade. No escenario dunha campaña elcetoral, como a que se está a vivir, cada partido intenta botar sobre o seu rival a responsabilidade de planificar esta iniciativa. Pero nada disto pasaría si dende o mes de septembro de 2013 non cambiaran as cousas da forma que o fixeron. E é que a zona do Baix Maestrat comezou a rexistrar microseísmos (algúns chegaron a superar o nivel 4 na escala de Richter). En total foron máis de 500 movementos e eso obligou a reconducirlo todo. Son estos terremotos os que lograron desestabilizar a este xigante.
As consecuencias
Do apoyo inversor a unha posible indemnización mutimillonaria
Este xiro inesperado no argumento do Castor obrigou ao Ministerio de Industria a comezar un largo estudo das consecuencias que nove meses máis tarde aínda non se resolveron. Xa hai informes que relacionan o proxecto cos terremotos pero o Goberno preferiu recurrir a expertos externos para que o certifiquen. Os alcaldes xa comezaron a pedir o desmantelamento da pranta pero según o contrato de concesión firmado no seu día polo Estado, botar abaixo o Castor supoñería que o Goberno tivera que pagar unha indemnización multimillonaria. De momento, a única consecuencia de todo o anterior é que a pranta está inactiva mentres se decide o seu futuro.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ Nº2 1ºBACH C
No hay comentarios:
Publicar un comentario