Unha noticia do 24 de maio nos informa que un bioquímico español deseñou unhas proteínas artificiais (quimeras) para inxectalas no cerebro, iluminalas con luz e activar a rexeneración das neuronas. Podería ser unha grande solución para o alzhéimer e o párkinson.
O español chámase Álvaro Inglés e traballa no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Austria. Investigará e probará o funcionamento das quimeras usando os ratos no laboratorio. Ademáis recibiu o 19 de maio unha beca de 15000 dólares da fundación Dan David para eses proxectos de alto risco.
O premio Dan David dedica cada ano a beca para un tipo de investigación, este ano tocoulle á memoria. E concedeulles a beca ao proxecto de Álvaro por ser innovador de alto risco e con grandes ganancias.
As quimeras son proteínas biosintéticas que non se atopan na natureza e consisten nun receptor fusionado cunha proteína sensible á luz para que así ao iluminar ás células se activen. Ao activarse, os receptores únense cos factores de crecemento que provocan a supervivencia e o crecemento das células e mesmo permiten rexenerar as que teñen algún defecto ou están morrendo. De todas formas, aínda teñen que investigar máis porque poden conlevar a efectos secundarios indesexados. Para controlar mellor o seu funcionamento pensan que en lugar de inxectar o factor de crecemento, terían que activar o seu receptor de luz na zona ou lugar do cerebro onde sexa necesario. Por iso este proxecto está pensado para combatir contra o alzhéimer e o párkinson xa que nestas enfermidades se dexeneran neuronas nunhas partes específicas do cerebro (e xusto estas quimeras serven para as dexeneracións neuronais).
Se activan a ruta de señalización celular para o crecemento e a proliferación desas células, poderían combatir contra a perda da memoria e desenvolver a aprendizaxe espacial.
Como expliquei, primeiro probarán estas quimeras en cultivos neuronais e despois nos ratos. Se todo sigue como esperan, poderán probalo en primates e despois ser aplicable para os humanos.
Sira Prieto González
1ºA
ENLACE
http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Vamos-a-probar-una-herramienta-para-combatir-el-alzheimer-activando-neuronas-con-luz
No hay comentarios:
Publicar un comentario