Os membros do grupo de Novos Materiais da
Universidade de Vigo, xunto con hospitais públicos da cidade implicados no proxecto
Biocaps descubriron que a partir de
dentes de tiburón poderíanse facer implantes
óseos ao atopar cerámicas biolóxicas a partir de dentes de tintoreras e
marraxos.
Segundo o coordinador de Novos Materiais, Pio
González, di que fai tres anos desde o inicio do proxecto, porque buscou
aproveitar aqueles restos que desechaban as lonxas. Porque a pesca en augas
abertas é moi frecuente capturar distintos tipos de tiburón.
A obtención de biocerámica é simple, é dicir o
proceso básase na reconstrución dos dentes co fin de obter o mineral necesario
para o implante, polo que non son necesarios equipos sofisticados. Esas
cerámicas son utilizadas como material de recheo, porque a dentadura non ten
oso suficiente para soster a prótese adecuadamente. Cúbrese a cavidade e
esperase uns meses ata que a área é rexenerada. Unha vez rexenerada colocase o
implante de titanio que conformará de novo o dente.
Ata agora, o óso vacún foi usado, pero por mor da
enfermidade da vaca tola foi cuestionada. Como os dentes de tiburón conteñen
gran cantidade de apatitas, compostos que axudan de forma moi eficaz a rexenerar
o tecido óso, comezouse a confiar máis neste método.
Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D
1 comentario:
Poner etiquetas
Publicar un comentario