O día de hoxe é un milagre”. Kent Brantly resumía con estas
palabras a súa supervivencia ao virus do ébola. O médico de 33 anos e a
enfermeira Nancy Writebol, de 59, as dúas primeiras persoas que foron tratadas
pola infección en territorio estadounidenses, recibiron ao alta. “Teño sorte de
estar vivo e de poder reunirme coa miña familia”, afirmou Brantly, acompañado
en todo momento da súa muller.
“Grazas aos coidados do equipo en Liberia, o uso dun
tratamento experimental e a experiencia e os recursos do equipo médico no
Hospital Universitario de Emory , Deus salvoume a vida”, asegurou Brantly ante
os medios. O doutor e Writebol son as dúas primeiras persoas en sobrevivir ao
virus do ébola tras recibir o soro experimental ZMapp, aínda que os seus
médicos non proporcionaron detalles
clínicos dos efectos deste medicamento.
A familia Brantly mudouse a Liberia o pasado mes de outubro.
“Entón o ébola non estaba no radar”,
explicou hoxe o doutor, pertencente a unha organización humanitaria. Recibiron
o primeiro paciente en xuño e, a partir de aí, non cesaron de chegar. Brantly
relatou que o seu traballo estivo dividido entre o tratamento de persoas
infectadas con ébola e o adestramento de
persoal médico que puidese coidarlles.
A avaliación para darlle a alta realizouse de xeito
independente en cada caso, en coordinación co Centro de Control de Enfermidades
(CDC) e de acordo coas indicacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Os
doutores deberon verificar que non había presenza do virus no sangue nin
padecían síntomas durante polo menos tres días. “Tras un rigoroso e exitoso
tratamento e probas, determinamos que ambos pacientes recuperáronse da
enfermidade do virus do ébola e poden reunirse coas súas familias e regresar á
súa comunidade sen preocupación”, dixo Ribner. “Non existe unha ameaza á saúde
pública”.
Os estadounidenses foron as dúas primeiras persoas en
recibir o ZMapp , que ata entón só fora probado en monos, e que tamén se lle
aplicou ao sacerdote español Miguel Pajares, que faleceu. O medicamento non é
máis que un cóctel de anticorpos monoclonales desenvolvido inicialmente nun
ratón modelo de infección por ébola . Un anticorpo monoclonal é unha especie
química homogénea (unha proteína concreta), a diferenza das coleccións
complexas de anticorpos, máis ben irreproducibles, que se obteñen extraendo
sangue a animais infectados. Os xenes para estes anticorpos foron despois
adaptados para o seu uso en humanos (humanizados, na jerga) e transferidos a
plantas de tabaco para a súa produción eficaz e barata, informa Javier
Sampedro.
A obtención do soro experimental por parte dos
estadounidenses, xusto antes de ser repatriados, suscitou numerosas críticas
pola falta de acceso aos medicamentos para as vítimas de Liberia, Ghana e
Sierra Leoa, onde o virus golpeou máis fuertemente. A empresa de California que
o fabrica, Mappbio, informou ademais que as súas existencias están
prácticamente esgotadas, polo que a súa entrega de xeito masivo para as
poboacións afectadas, ademais de representar un enorme desafío ético e médico,
é aínda imposible.
Ainoha Gómez Cid 1ºBach.D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario