O
impacto dun asteroide acabou cos dinosauros, pero se ese asteroide ocorrese
máis tarde ou máis cedo na historia, poderían sobrevivir. Os paleontólogos
teñen construído unha nova narrativa da desaparición destas criaturas
prehistóricas, uns 66 millóns de anos, grazas a un estudo de rexistros fósiles
actualizado e ferramentas de análise melloradas.
Os
resultados deste traballo foron publicados en "Biological Reviews",
os autores atoparon que a Terra estaba pasando por unha turbulencia ambiental,
que incluíu unha extensa actividade volcánica, un cambio no nivel do mar e
variación de temperatura en poucos millóns antes de que un asteroide batera no
que hoxe é México.
Probablemente,
debido a cambios no clima e do medio ambiente, a cadea alimentaria viuse
debilitada pola falta de diversidade entre os grandes dinosauros herbívoros dos
que outros individuos alimentabanse. Isto fixo que os dinosauros foran vulnerables e tiveron poucas posibilidades de supervivencia tras o impacto do
asteroide.
O
impacto causaría diversos cambios ambientais polo que só sobreviviron os
dinosaurios que podían voar debido a que as cadeas alimentarias derrumbaronse,
estos dinosaurios evolucionaron ata convertirse nas aves da actualidade.
Por
iso mesmo se o asteroide caera sobre a Terra uns millóns de anos antes poderían
sobrevivir debido a que as cadeas alimenticias eran máis robustas e as especies
de dinosaurios eran máis diversas.
Un
equipo de paleontólogos da Universidade de Edimburgo estudaron un catálogo de
fósiles de dinosauros para crear unha imaxe do cambio que sufriron.
Segundo
Steve Brusatte os dinosaurios tiveron unha mala sorte colosal, porque non só un
asteroide impactou na Terra senon que pasou no momento errado, cando eles eran
vulnerables.
O
Dr Richard Butler di que, independentemente de que eles estaban nun período
vulnerable no momento do golpe do
asteroide, non hai nada que suxira que foron condenados á extinción. "Sen
ese asteroide, os dinosauros probablemente aínda estarían aquí e nós probablemente
non. "
Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D
No hay comentarios:
Publicar un comentario