A capacidade de rexenerar órganos e tecidos a partir de células nai empeza a ser unha realidade non tan afastada. Hoxe sabemos que as células nai non só están presentes no embrión de todo ser vivo, senón que as podemos atopar en practicamente todos os tecidos do noso corpo. E aínda hai máis prodemos reprogramar as celulas adultas e convertelas en células nai, logrando as células iPS. O día 23 de xaneiro o programa Redes emitiu un episodio sobre este tema. Da man do Dr. Damián García Olmo, director de Terapia Celular do Hospital Universitario A Paz de Madrid, veremos de que son capaces as células nai e como os científicos tratan de manipulalas para curar todo tipo de enfermidades.
miércoles, 16 de febrero de 2011
Meiose
As dieferencias entre a meiose e a mitose podédelas ver na seguinte animación:
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_2_bio_2010_2011/images/Animacions/Meisosis_Mitosis.swf
Editado Carmen Cid Manzano
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_2_bio_2010_2011/images/Animacions/Meisosis_Mitosis.swf
Editado Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Citoloxía,
Videos interesantes
Mitose
Enlace a unha animación moi interesante sobre a mitose:
Editado por Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Citoloxía,
Videos interesantes
Un novo planeta no sistema solar ?
Xa hai un novo candidato para ocupar o sitio de Plutón no Sistema Solar. Trátase de Tyche, un planeta gaseoso entre unha e catro veces maior que Xúpiter, que orbita a un ano luz do sol nos confíns do Sistema Solar. O problema a todo isto é que aínda non se atopou, pero os investigadores cren que existe polo comportamento anómalo dos cometas, cuxas traxectorias poderías estar sendo influídas pola forza gravitatoria do planeta. Agora os investigadores esperan a que en abril o telescopio espacial de infrarroxos,WISE da Nasa, publique novos datos, e poidan ou non confirmar a súa existencia.
As respostas poderían tardar ata marzo de 2012, ata que se acaben de analizar os datos de WISE. Un dos investigadiores principais do telescopio di "Non é unha tolemia, pero si unha especulación".
Para máis infromación: Click aquí
Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A
lunes, 14 de febrero de 2011
No día dos namorados: o amor non é cousa do corazón.
Qué son esas bolboretiñas que sentimos ao estar preto da persoa amada? Como podemos facer cousas que aborrecemos con tal de que a nosa persoa amada sexa feliz? E toda esa felicidade que nos invade cando esa persoa nos dedica un sinxelo sorriso?
Estas preguntas teñen a mesma resposta, todo iso é causado por unha serie de hormonas, tales como a oxitocina, dopamina, serotonina e adrenalina entre outras. Isto é o amor, tan só unhas poucas hormonas que nos fan sentir cousas incribles. Segundo uns estudios realizados o amor non se agocha no corazón, senón no cerebro. Tamén nuns estudos realizados pola antropóloga Helen Fisher descubríronse tres procesos cerebrais que definen tres tipos de relacións:
· O impulso sexual. Regulado pola testosterona.
· O amor romántico. Regulado por la dopamina (un neurotransmisor que inflúe no estado anímico) , e cunha duración de un ano e medio aproximadamente.
· O cariño. Regulado pola oxitosina e vasopresina, dúas hormonas que controlan o pracer e a recompensa.
E a parte dos tipos de relacións tamén existen catro “personalidades biolóxicas”:
- A primeira inclúe a xente con elevados niveis de dopamina, este tipo de persoas adoitan ser creativas, curiosas, enerxéticas arriscadas, espontáneas e flexibles. E son atraídos por persoas con estas peculiaridades.
- A segunda intégrana as persoas con altos niveis de serotonina, estas adoitan ser tranquilas, prudentes, tradicionais, ordenadas, prudentes e meticulosos. E tamén son atraídos por persoas parecidas a eles.
- A terceira inclúe a persoas con altos niveis de testosterona e son directos, escépticos, analíticos, decisivos, bos cos números. Sen embargo este tipo de xente se sente atraída por persoas con moitos estróxenos.
- O cuarto inclúe á xente con niveis elevados de estróxenos, estas persoas caracterízanse por ser doces, doado de tratar con elas, idealistas, emotivas e intuitivas. E neste caso séntanse atraídos por xente con niveis elevados de testosterona.
A xente cando se namora póñense en marcha unhas conexións neuronais que producen un estado de alienación transitoria, algo moi parecida a unha droga o que fai que poida chegar a ser aditivo. Pero tamén poden ser eficaces para aliviar a sensación de dor, corpontándose como un analxésico.
Tamén se fixeron estudos para asegurar de que os frechazos si existen, xa que só nos fai falta una quinta parte de segundo para saber se alguén nos atrae, sabemos que o fai porque o noso corpo comeza a producir dopamina, oxitosina e adrenalina.
Sempre se di que os homes pensan máis en sexo que as mulleres, isto é debido a que os homes a zona de exercicio da sexualidade é 2.5 maior no cerebro dos homes que nos das mulleres. E por iso para os homes o éxito da parella centrase en que as relacións sexuais sexan satisfactorias.
En resumen, o amor non depende do estereotipo do corazón, senón do cerebro.
Andrea Gerpe Acosta, 1ºBacharelato A.
Fontes de información:
Reprodución celular con humor
Podemos propolas para Eurovisión...
Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Cancións,
Citoloxía,
Humor,
Videos interesantes
domingo, 13 de febrero de 2011
Catalasa na cociña
Traballo realizado por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa
Etiquetas:
Traballos alumnado,
Videos interesantes
Ciencia en El Hormiguero.
Este programa de Cuatro tan coñecido, ten un espazo dedicado á ciencia co cal intenta popularizala de xeito ameno. Aquí vos deixo algúns dos videos que me parecen máis interesantes.
Que dixo algo sobre a invsibilidades!??? Só se necesita un traxe laranxa e luces moi fortes, a ver que te ve entón!!
Increíble... como o faran?? O das voces fai pensar que pode ser Helio, pero non o sei.
Fontes:
http://www.youtube.com/watch?v=5ms-O1ySrEQ&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watch?v=VzjnoJoUoyg
http://www.youtube.com/watch?v=yLGSVFvRVG8
Coral Real Llamas 1º Bacharelato B
Os Neandertais crecían e maduraban mais rápido que os humanos modernos.
Un equipo de especialistas de varios países logrou deducir a velocidade de maduración nos neandertais. A Investigación dirixírona especialistas da Universidade de Harvard, o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva e o ESRF (Laboratorio Europeo de Radiación Sincrotrón). A bioloxía evolutiva demostrou que os cambios pequenos durante o desenvolvemento inicial poden dar lugar a diferenzas que desemboquen na formación de novas especies. Estes cambios poden tomar a forma de modificacións na secuencia xenética ou na cronoloxía de pasos no desenvolvemento do individuo desde que é procreado. Por tanto, coñecer a fondo as transformacións durante o desenvolvemento é crucial para reconstruír a historia evolutiva.
Un destes cambios pouco coñecidos refírese á actividade reprodutiva, a xestación e o período de crecemento e maduración do individuo. En comparación cos seres humanos, a vida dos primates non humanos caracterízase por un período de xestación máis curto, unha maduración postnatal máis rápida, unha idade menor para a primeira reprodución, un período post-reprodutivo máis curto e unha lonxevidade menor en xeral.
Podería parecer que o ciclo de vida típico do individuo dunha especie é invisible no rexistro fósil, pero resulta que moitas das súas variables están moi correlacionadas co desenvolvemento dental. Nese sentido, os dentes son unha "caixa negra" de gran importancia, reflectindo o crecemento do individuo dun modo comparable a como os aneis de crecemento nas árbores.
Un achado notable deste novo estudo de cinco anos, é que o crecemento dos primeiros dentes nos neandertais era significativamente máis rápido que nos membros da nosa especie, incluídos algúns dos grupos máis antigos de seres humanos modernos que partiron de África fai entre 90.000 e 100.000 anos.
O patrón neandertal parece ser un punto intermedio entre o dos primeiros membros do noso xénero (por exemplo, o Homo erectus) e o dos humanos de hoxe en día, o que suxire que a lentitude na maduración do individuo e unha infancia longa son características exclusivas da nosa especie. Este longo período de maduración pode facilitar máis a aprendizaxe, así como promover o desenvolvemento dunha capacidade cognitiva máis potente, todo o cal posiblemente deu aos primeiros Homo sapiens unha vantaxe competitiva fronte aos neandertais da súa mesma época.
http://www.scitech-news.com/2010/11/esrf-reveals-human-children-outpaced.html
http://www.esrf.eu/news/general/synchrotron-reveals-human-children-outpaced-neanderthals-by-slowing-down/
http://www.scitech-news.com/2010/11/esrf-reveals-human-children-outpaced.html
http://www.esrf.eu/news/general/synchrotron-reveals-human-children-outpaced-neanderthals-by-slowing-down/
Feito por Antía Arias García. 1º Bacharelato B
Unha tarxeta cósmica de San Valentín
A NASA amósanos que San Valentín está en todas partes. A axencia espacial atopou o que parece un anel unido a buracos negros.
O espectacular anel forma parte do sistema Arp 147 de dúas galaxias en interacción. Situado a 430 millóns de anos-luz de distancia, na constelación da Balea, contén os restos da colisión entre unha galaxia espiral e unha elíptica. A fenomenal colisión provocou unha onda expansiva de formación de estrelas masivas que aparecen en cores azuis sobre unha estrutura circular.

As estrelas maiores son pouco lonxevas, só viven uns poucos millóns de anos antes de morrer mediante explosións. As estrelas que xa estalaron sobre o enorme aro deron lugar a grandes supernovas que deixan buracos negros nos seus centros, e estas rexións emiten intensas radiacións de raios X que se representan en cor rosa. Estes buracos negros, fannos pensar que son pedras preciosas incrustadas no anel.Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/11/ciencia/1297432846.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/11/ciencia/1297432846.html
Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB
sábado, 12 de febrero de 2011
Células Solares coa Capacidade de Autorrexeneración de Estructuras Fotosintéticas Vexetais
Estáse a traballar na creación dun novo tipo de célula solar deseñada para autorrexenerarse como os sistemas fotosintéticos naturais nos vexetais. Nas células solares, esta capacidade de autorrexeneración conseguiráse usando nanotubos de carbono e ADN. Con esta capacidade, incrementarase de modo notable a vida útil das células solares e abarátaranse os custos.
O deseño creado polo equipo de Jong Hyun Choi (da Universidade Purdue) explora as raras propiedades eléctricas das estruturas coñecidas como nanotubos de carbono de parede única, usándoos como cables moleculares nas novas células solares.
Choi e os seus colaboradores pensan que o uso industrial da súa tecnoloxía é viable, pero aínda haberá que esperar algún tempo para pasar a esa fase, dado que aínda están na etapa da investigación básica.
As células fotoelectroquímicas converten a luz do Sol en electricidade e usan un electrolito (un líquido que conduce electricidade) para transportar os electróns e crear a corrente eléctrica. As células conteñen as tinguiduras absorbentes de luz chamados cromóforos, moléculas semellantes á clorofila que, por desgraza, degrádanse debido á exposición á luz solar. A desvantaxe crítica das células fotoelectroquímicas convencionais é esta degradación.
A nova tecnoloxía supera este problema tal como faio a natureza: substituíndo continuamente as provisións danadas de tinguiduras fotosensibles con subministracións novas.
Esta clase de autorrexeneración prodúcese nos vexetais de maneira constante.
O novo concepto podería facer posible unha clase innovadora de célula fotoelectroquímica que, coa debida subministración de cromóforos frescos, continúe operando a plena capacidade indefinidamente.
Os nanotubos de carbono actúan como unha plataforma para fixar hebras de ADN. Este ADN está manipulado xeneticamente para que posúa secuencias específicas de "bloques de construción" coñecidos como nucleótidos, que permiten "recoñecer" aos cromóforos.
Cando o ADN recoñece ás moléculas da tinguidura, o sistema se autoensambla do modo correcto e espontaneamente.
por: antia arias garcia 1ºB

Robert Koch
Traballo realizado por Leticia Cuquejo González E Aitor López Domínguez
Etiquetas:
Científicos,
Citoloxía,
Traballos alumnado,
Videos interesantes
Cancións da PCR
A reacción en cadea da polimerasa, coñecida como PCR polas súas siglas en inglés (Polymerase Chain Reaction), é unha técnica de bioloxía molecular desenvolvida en 1986 por Kary Mullis, cuxo obxectivo é obter un gran número de copias dun fragmento de ADN. A PCR é unha técnica moi frecuente en laboratorios de investigación biolóxica e cunha enorme variedade de aplicacións, entre elas: a clonación de ADN para a secuenciación, o diagnóstico de trastornos hereditarios, a identificación de pegadas xenéticas (usadas en técnicas forenses e test de paternidade), etc. Inicialmente a técnica era lenta, hoxe, todo o proceso da PCR está automatizado mediante un aparato chamado termociclador.
Déixovos a canción da PCR, composta pola compañía Bio-RAD para anunciar un dos seus termocicladores. Esta canción está interpretada polo grupo "Scientist for Better PCR". No mundo da ciencia tamén hai frikis... ata hai un que se parece a Stevie Wonder.
Editado por: Carmen Cid Manzano
Se criades que virades todo, déixovos o seguinte vídeo:
Despois do seguinte video espero o voso...
Editado por: Carmen Cid Manzano
viernes, 11 de febrero de 2011
Atópase un óso que afirma que Lucy era bípeda
Como xa estudiamos en Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Lucy é o esqueleto dun homínido pertence a especie de Australopithecus afarensis de fai máis de 3,2 millóns de anos de antigüedade. Foi descuberto en 1974 por Donald Johanson en Adis Abeba (Etiopía) e dende ese ano mantívose unha gran polémica, Lucy era bípeda ou pasara parte da súa vida colgada nas ramas das árbores? Algúns científicos decantábanse pola primeira resposta pero ningún o puido demostrar ata agora. O fósil do Australopithecus afarensis confirma que esta especie xa camiñaba de forma bípeda e que se desprazaba erguida. O óso encontrado é de pequeño tamaño, pertence o cuarto metatarso do pé esquerdo e a súa curvatura é propia dos pés dos homínidos que camiñan érguidos como o Homo Sapiens. "Foi atopado durate unha escavación de rutina no xacemento que xa xerou máis de 260 especímenes de Australopithecus afarensis desde os anos 70", explicou a ELMUNDO.es William Kimbel, coautor do traballo e profesor de Historia Natural no Instituto das Orixes Humanas da Universidade do Estado de Arizona (EEUU), institución fundada por Johanson.
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
miércoles, 9 de febrero de 2011
Des Forêts et des Hommes /Of Forests and Men
Sophie Monboisse (profesora de Francés)
Etiquetas:
Biodiversidade,
Medio Ambiente,
Videos interesantes
Xa temos imaxes completas do Sol
En octubro do 2006 a NASA lanzou cara o Sol dúas sondas solares, cada unha delas dirixiuse cara o astro rei seguindo direccións opostas. A misión chamouse Stereo e consistía en obter por primeira vez unha imaxe estereoscópica e completa do Sol, observado desde distintos ángulos á vez. O pasado 6 de febreiro a axencia espacial cumpliu o seu ambicioso obxetivo e publicou as primeiras imaxes totais en 3D do noso astro.
Tras unha viaxe de 470 millóns de km, ambas naves atopáronse no lado oposto da órbita da Terra, ó outro lado do Sol. Ambas sondas foron falicitando ó seu centro de control valiosa información sobre cómo afecta ó noso planeta o contínuo fluxo de enerxía que brota da nosa particular estrela. Cada unha das sondas fotografou e filmou ó detalle a metade da nosa estrela, enviando á Terra tódalas imaxes. Unha vez aquí, os investigadores combinaron as dúas vistas para crear unha esfera.
En 2009 as dúas naves revelaron nas tres dimensións a doble estructura das execcións de masa coronal, que son violentas erupcións de materia solar tamén coñecidas como tormentas solares. Este fenómeno pode interrumpir as comunicacións, afectar ós satélites e as redes de enerxía na Terra. Os instrumentos das naves captaron o Sol en catro lonxitudes de onda diferentes, todas en ultravioleta, seleccionadas cuidadosamente para estudiar aspectos concretos da actividade solar, como tsunamis solares ou filamentos magnéticos. Ata día de hoxe era imposible detectar manchas solares se estas se producían na cara oculta do Sol; para detectalas había que esperar a que a propia rotación solar nos amosara o que estaba a suceder ó outro lado, polo que nos deixaba moi pouco tempo para reaccionar. En cambio agora, incluso as zonas activas máis remotas e ocultas á nosa visión directa poderán ser accesibles e non nos volverán a tomar por sorpresaAs novas imaxes obtidas axudarán a mellorar a planificación de futuras misións de naves espaciais robóticas ou con tripulación hacia o sistema solar. Axudarán tamén na mellora das prediccións climatolóxicas; e, por primeira vez, podemos contemplar a actividade solar en todo o seu explendor tridimensional.

Cos datos desta misión os astrónomos xa poden “voar” á redor do Sol sen necesidade de despegar a vista das súas pantallas, vendo o que sucede máis alá do horizonte.
O censo que xa non será un censo.
No ano 2011 o INE ( Instituto Nacional de Estatística) vai realizar o censo de poboación.Os censos teñen como obxectivo o reconto da poboación do estado e o coñecemento da súa estructura, para elo realizábanse enquisas en todos os domicilios do estado cuns cuestionarios sobre idade, sexo, nacionalidade, estado civil, formación, actividade económica, relacións parentesco entre os que viven nesa vivenda, características da vivenda, …, todo, preguntaban todo, pois tratábase de facer un retrato axustado das condicións de vida dos cidadáns españois.
O censo realizábase cada 10 anos desde 1877. Este ano por primeira vez vaise realizar unha mostraxe en lugar do censo universal e farase o cuestionario só a unha mostra do 10% da poboación.
O motivo dado polo INE para este cambio e a necesidade de aforrar en tempos de crise, de feito este ano só van contratar 5 000 enquisadores fronte aos 40 000 contratados para a realización do último censo de 2001. Tamén alega o INE que outros países Europeos están realizando este tipo de modificacións.A medida esta xerando polémica entre estatísticos e sociólogos.
Conchi(Profesora de Matemáticas)
martes, 8 de febrero de 2011
Descubren xenética do sonambulismo
O sonambulismo é un trastorno do sono, que adoita aparecer na época infantil. Os nenos sonámbulos poden chegar a levantarse durante o sono e andar pola casa. É un problema que é frecuente que desapareza coa pubertade. Os novos estudos publicados, identificaron unha rexión do ADN ubicada no cromosoma 20, na que pode atoparse o xene culpable dalgunhas formas do sonambulismo. Esta alteración no código xenético sería a responsable de que un individuo se levante e camiñe mentres durma.
Nena sonámbula
O descubrimiento, publicado pola revista Neurology, é fruto do estudo do ADN de nove membros dunha familia afectada desde fai catro xeracións por este problema e doutros 13 membros sans.
O xene culpable escondido na rexión xenómica descuberta aínda non foi individualizado, pero os investigadores xa elaboraron unha lista dos 28 xenes sospeitosos, todos localizados nesa rexión cromosómica e, apuntan sobre todo ao xene para a enzima adenosina desaminasa, xa coñecida por ter funcions vinculadas ao sono.

Noelia Vila Seijas 1ºC
Serpes bípedas
Unha tecnoloxía que emprega os raios-X para reconstruír os fósiles en tres dimensións, logrou descubrir unha segunda pata, invisible a primeira vista, nunha serpe de 50 centímetros e 95 millóns de anos de antigüidade que foi encontrada fai dez anos no Líbano. A extremidade ten dous centímetros de lonxitude e está unida á pelvis
Eupodophis descouensi, que así foi chamado o exemplar, non é unha serpe calquera xa que é unha das poucas fosilizadas que conserva algún óso das patas, polo que o réptil resulta clave para estudar a orixe distes animais.
Aínda que esta tecnoloxía non é nova é a primeira vez que se emprega para estudar fósiles, é parece que deu bo resultado. Gracias a ela axudará ós investigadores a saber como deixaron de ter patas.
Alexandra Houssaye, investigadora do Museo Nacional de Historia Natural de París, salienta o feito de que a segunda pata non fora captada a primeira vista, xa que isto axudará a estudar o grao de regresión dos seus membros.
As serpes actuais proveñen dos lagartos terrestres ou dos que vivían nos océanos? Esta pregunta aínda está no aire pero a investigadora anteriormente citada di que non se pode descartar ningunha das dúas opcións e que poderían pasar dez anos ata encontrar a resposta.
Para máis información: click aquí
Lidia Blanco Otero 1ª Bac.A
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)