Aínda hoxe, 25 anos despois, séguese sen saber a cifra das persoas mortas e afectadas polo accidente nuclear ocorrido en Chernóbil.
En
O pasado 21 de Abril celebrouse en Kiev un cumio científico liderada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Os obxectivos polo que se celebrou, foi investigar os verdadeiros efectos da nube radioactiva do reactor soviético e crear unha Fundación para a Investigación dos Efectos de Chernóbil sobre a Saúde (CHERF).
O CHERF estudará a grupos de individuos durante toda a vida, como se fixo en Hiroshima e Nagasaki. Hasta agora os estudios centrárase sobre todo no cancro de tiroides, esquecendo os tumores de mama, as alteracións xenéticas hereditarias, cataratas e outros tipos de cancros.
Como xa nomeei anteriormente, os máis afectados foron os liquidadores o que fixo que se realizaran moitos estudos dos efectos ocorridos sobre eles. Pero tamén o foron todos os nenos da zona. A maioría da poboación recibiu a radiación inxerindo leite e verduras con iodo-131.
A continuación déixovos un documental titulado “O fantasma de Chernóbil” onde recolle o ocorrido na central coa axuda dun liquidador. Nel tamén aparecen os efectos provocados nos nenos.
Ariana Pascual Sas 1-BACHARELATO-C
No hay comentarios:
Publicar un comentario