O que parecía que
ía ser un gran descubrimento e que ía cambiar os libros de historia, ao final
quedouse nuns rumores sen sustento xa que as expectativas en torno aos posibles
achados da NASA en Marte parece que non se cumprirán.
Logo de dicir que este luns 3 de decembro anunciarían un descubrimento que
revolucionaría os libros de historia, a axencia espacial negou o descubrimento de
compostos orgánicos no planeta vermello, despois das especulacións feitas sobre
as declaracións de John Grotzinger (investigador principal da misión Curiosity), e todo
o “boom” que isto causou na comunidade científica internacional e nas redes
sociais.
“Os rumores e especulacións acerca de que existe un novo descubrimento da
misión nesta etapa da investigación son incorrectos. (...) Nestes momentos, os
instrumentos do rover non detectaron ningunha proba definitiva de compostos
orgánicos marcianos”, sinala o comunicado no sitio web da NASA.
De feito, a NASA tamén comunicou que o 3 de decembro, na conferencia anual
da Unión de Xeofísica Americana darase un reporte do que fixo o Curiosity ata
agora e da
actualización sobre o primeiro uso da gama completa de instrumentos analíticos
do rover para investigar unha deriva do chan areento.
De todas formas
non hai que perder a esperanza, xa que igual hai algún descubrimento
interesante e de relevancia científica. Ao fin e ao cabo, desde que chegou a
Marte en agosto, o Curiosity foi proporcionando grandes avances no coñecemento
de Marte. De feito, a misión xa encontrou un antigo leito de río no planeta
vermello.
Enlaces:
Paula Meixeiro
Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Onte na TVE 2 no programa La noche temática houbo un documental sobre Marte moi interesante, vou buscar o enlace por se queredes velo. Paula segue atenta por se comunican novas noticias sobre as exploracións do Curiosity.
Publicar un comentario