A curva da felicidade é coma un sorriso. Esta estraña gráfica representa o nivel de felicidade que experimentan as persoas ó longo da
súa vida. De nenos somos moi felices e ó chegar á madurez comeza a baixar esa
sensación de ledicia. No ecuador da nosa vida, sobre os 40 e 50 anos, a curva
está no seu punto máis baixo. Esta é a coñecida crise dos 50. A medida que se
segue avanzando, a nosa felicidade volve a sufrir un aumento durante a vellez.
Esta curva non varía. Sempre ten forma de “U”, independentemente
do sexo, nivel de educación, estado civil ou ingresos económicos.
Esta “crise” sempre se relacionou cos cambios físicos,
biolóxicos e psíquicos que trae consigo o envellecemento. Normalmente a persoa
reflexiona sobre o que conseguiu ata o momento e sinte que moitas das
expectativas que tiña nos seus tempos mozos non se cumpriron. Hai persoas que con
esta crise fan cambios en aspectos claves da súa vida: préstanlle máis atención
á aparencia física, aumentan o consumo de artículos caros ou estraños (coches,
xoias, roupa, aparatos electrónicos), fan cambios na súa vida amorosa ou matrimonial
…
Recentes estudos desmantelan o dito sobre
esta fase da vida. Non é só debida ós factores socioeconómicos explicados
anteriormente, senón que tamén inflúen factores biolóxicos que compartimos con
outras especies.
Unha investigación realizada con 336 chimpancés e 172 orangutáns, os nosos parentes
máis próximos, demostra que estes simios tamén padecen este cambio no seu nivel
de benestar psicolóxico. Este gran número de primates foi obtido de máis de
cincuenta zoos, dous centros de investigación e reservas de Estados Unidos, Australia,
Singapur e Xapón. Para a investigación foron recrutados primates de todas as
idades. Como estes non poden expresar a súa felicidade coa palabra,
preguntóuselle ós seus coidadores que cambios notaban no seu comportamento e na
súa forma de relacionarse.
Nos chimpancés o punto máis baixo do seu
benestar está sobre os 28 anos , pero tendo en conta que a súa esperanza de
vida está arredor dos 60, tamén sofren esta baixada de felicidade no
ecuador da súa vida. Nos orangutáns as cifras son similares.
Esta investigación só determina que esta crise ten tamén
un factor biolóxico, pero non establece cal é ese factor. Alexander Weiss, psicólogo da Universidade de Edimburgo e
primeiro autor da investigación, aclara que é demasiado pronto para
tomar calquera hipótese por correcta e que serán necesarios máis estudos para
comprender mellor a nosa felicidade.
Enlaces:
Antía Quintana Gallego
1º BACH A
1 comentario:
Quédome con derradeiro parágrafo, deben seguir investigando.
Publicar un comentario