Sí, como podedes
ver o ADN podería converterse na materia prima dos discos duros do futuro. Ao
parecer, un grupo de investigadores do Instituto Europeo de Bioinformática (IEB),
pertencente ao Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular creou unha forma moi
económica e viable para almacenar grandes cantidades de información informática
en moléculas de ADN.
Menos dun só gramo de ADN serviu aos científicos para codificar os 154 sonetos de William Shakespeare, 26 segundos en formato mp3 do discurso de Martin Luther King en 1963 que fixo universal a frase "Eu teño un sono" (I have a dream, no orixinal), unha fotografía en jpg, un pdf coa investigación na que Watson e Crick describiron a doble hélice do ADN e pola que obtiveron o Premio Nobel e o código empregado polos investigadores para crear unha linguaxe lexible por calquer xenetista coas catro letras do código xenético. Case 800.000 bytes almacenados nunha molécula de ADN fabricado nun laboratorio e, ademais, a información despois foi lida cun 100% de precisión.
A molécula con
forma de hélice, mantense unida por catro grupos químicos, que cando se
acomodan nunha orde específica, conteñen as instrucións xenéticas que precisa
un organismo vivo para construírse e conservarse. O sistema de almacenamento do
IEB emprega as mesmas catro "letras", pero nunha linguaxe
completamente distinta á dos seres vivos.
Para copiar un
arquivo dixital os díxitos binarios (ceros e uns) que normalmente representan a
información nun disco duro, teñen que ser traducidos ao código do equipo. Unha
máquina de síntese de ADN estándar produce en serie a secuencia correspondente.
Pero non é unha soa molécula larga, trátase de múltiples copias de fragmentos superpostos, e cada fragmento contén detalles que identifican en qué lugar se almacena a secuencia. Isto implica que se algúns fragmentos se danan, non se perderán os datos.
Ademais, o mesmo
equipo que se emprega nos laboratorios de bioloxía molecular para ler o ADN dos
organismos emprégase para extraer a información, á que se pode acceder nunha
pantalla de computadora.
Nunha publicación
da revista ‘Nature’, os autores do estudo afirmaron que é posible almacenar
grandes volúmenes de datos no ADN por miles e miles de anos. Aínda que
recoñecen que os costos involucrados na síntese da molécula no laboratorio fan
que este tipo de almacenamento de información sexa "incriblemente
caro" polo momento, argumentan que grazas ás novas tecnoloxías pronto será
máis asequible, e ideal para arquivar documentos a largo plazo.
Enlaces:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2013/01/130124_ventajas_archivar_documentos_adn.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/23/ciencia/1358966264.html
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
O novo tema que imos comezar farache entender mellor esta noticia.
Publicar un comentario