A sonda
SDO(Observatorio de Dinámica Solar) cumpre tres anos no espazo proporcionando unhas
incribles imaxes do noso Astro.
A NASA lanzou esta sonda o 11 de febreiro do
2010 co obxectivo de estudar o Sol.Os científicos contaban con que se todo saía
como estaba previsto, a nave proporcionaría imaxes de alta resolución do disco
solar case unha vez por segundo.Tan só 2 meses despois de lanzar o SDO as
expectativas foran superadas; o SDO proporcionaba as mellores vistas do Sol que
ninguén vira antes.
Tránsito de Venus ao redor do Sol |
A sonda tamén é
capaz de fotografar e gravar con gran detalle as tormentas solares, que ademais
de reflectir a gran forza do Sol, tamén supón unha gran vantaxe para os
científicos, xa que poden observar como se move o material solar e obter pistas
sobre como se producen as execcións de masa coronal (nube chameante de
partículas que se dirixe á Terra e pode por en perigo os nosos sistemas de
comunicación e redes eléctricas).
No seu terceiro
ano, o SDO conseguiu imaxes de 2 cometas, un de eles o famoso Lovejoy, así coma
o tránsito de Venus ao redor do Sol, un feito que non volverá ocorrer nos
próximos 100 anos.
http://www.abc.es/ciencia/20130212/abci-impresionantes-imagenes-captadas-nasa-201302121354.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Solar_Dynamics_Observatory
BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1º A
No hay comentarios:
Publicar un comentario