Nun par de horas,
o Minor Planet Center en Boston (EE.UU.), a institución encargada de recompilar
este tipo de observacións chegadas de todo o mundo, xa tiña os datos do obxecto
e dous días despois o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA
calculaba a súa órbita. Con medios moito máis modestos que os estadounidenses,
o equipo español descubrira un premio gordo, o asteroide máis mediático -con
permiso de Apofis-, dos últimos tempos. Chámase 2012 DA14, unha especie de
matrícula provisional que se refire ao ano, o mes e a orde do descubrimento, e
ademais, visitaranos o próximo venres 15 de febreiro a unha distancia de 27.000 km, por debaixo da
órbita que ocupan os satélites xeoestacionarios. Entón converterase na roca de
certo tamaño detectada que haxa volado máis cerca da Terra.
O asteroide encontrábase
entón a máis de 4 millóns de km da Terra, nada que ver co que esperamos en
cinco días e que os científicos descartaron fai tempo se transforme en
bofetada. Non existe ningunha posibilidade de impacto nesta ocasión. É un
alivio, porque se se estrelara, liberaría unha enerxía de 2,5 megatóns na
atmosfera, causaría unha devastación a escala rexional.
Tanto a NASA como
a Axencia Espacial Europea (ESA) afirmaron que, aínda que a traxectoria da roca
se adentra na órbita na que se encontran os satélites de comunicacións, o perigo para estes artefactos é mínimo,
xa que o asteroide chega «desde abaixo» e non cruza no mesmo plano o cinturón
xeoestacionario. Tampouco o hai para a Estación Espacial Internacional, que
orbita moito máis abaixo, a menos de 400 km sobre o noso planeta.
Polo seu brillo,
os científicos estiman que ten un diámetro duns 50 metros e unha masa de
130.000 toneladas de composición descoñecida. Viaxa a unha velocidade de 7,8 km por segundo e é de
tipo Apollo, o que quere dicir que ten a inquietante costume de cruzar
periodicamente a nosa órbita. De feito, só tarda un día máis que a Terra en dar
a volta ao Sol (366,2 días). Os astrónomos seguirano con moitísima atención
para desvelar con exactitude a súa verdadeira natureza (a súa masa, tamaño e período
de rotación), especialmente por se pode supoñer un perigo nun futuro lexano, xa
que a gravidade da Terra modificará a súa traxectoria.
A máxima
aproximación de 2012 DA14 producirase as 20.24 hora peninsular española sobre o
océano Índico, nas costas de Sumatra. «En España, poderase ver coma un punto de
luz veloz a partir das dez da noite, aínda que xa estará alexándose da Terra.
Sobre as once situarase preto da Estrela Polar», apunta o responsable de La Sagra. Só fan falta
uns prismáticos. Como ocorre con todas as observacións astronómicas, é
necesario buscar un lugar oscuro alexado das luces das cidades e que o tempo
acompañe.
Os científicos
estiman que existen aproximadamente 500.000 asteroides cercanos á Terra do
tamaño de 2012 DA14. De eles, apenas se descubriron o 1%. Un bo motivo para
seguir escrutando o ceo. Non credes?
Enlaces:
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
1 comentario:
Hoxe está o mundo pendente deste asteroide,
Publicar un comentario