O enxeñeiro Scott McCloskey afirma que "o rover Curiosity perforou a rocha con éxito" gracias ao seu taladro de 6,4 cm.
Noutras rexións de Marte, coma no valle Reull Vallis, crese que houbo auga tempo atrás xa que imaxes da sonda Mars Express atoparon unha enorme estructura de río con afluentes. E nos cráteres do planeta podería haber restos de xeo, dato que o Curiosity intentará pescudar.
A cor laranxa de Marte débese á oxidación do ferro que conteñen as rochas, pero o planeta é só vermello por fora, xa que a rocha atopada en capas baixas é de cor grisácea.
Agora o Curiosity deberá tamizar a mostra e ir introducíndoa en pequenas cantidades nun dos seus instrumentos de análisis chamado CHIMRA,que a axitará, a filtrará,e extraerá pequenas partículas (0.015 cm) e as analizará por medio dos instrumentos de Química e Mineraloxía, para saber a súa composición química.
Este feito é un gran logro, xa que é o primeiro vehículo en conseguir mostras dun planeta que non é o noso. Por iso os científicos están satisfeitos, pois o seu traballo de varios anos deu froitos.
Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/22/actualidad/1361537610_690725.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-curisity-descubre-dentro-marte-201302211016.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361381695.html
http://www.fayerwayer.com/2013/02/curiosity-obtiene-su-primera-muestra-de-polvo-marciano/
Adriana Canto Calviño, 1º BACH. A.
2 comentarios:
Cres que a colaboración de científicos de distintas ramas das ciencia pode ser interesante nas achegas do Curiosity?
É importante que participen nas investigacións científicos de distintas ramas para que poidan aportar coñecementos máis profundos.Por exemplo biólogos ou xeólogos que pidan estudar a posibilidade de vida en Marte a partir dos datos bioquímicos que aporta o Curiosity.
Publicar un comentario