O Observatorio de Dinámica Solar (SDO), que se puxo en marcha
no 2010 para vixiar ó Sol e outros fenómenos espaciais, captou unha enorme
mancha solar con dimensións tan grandes como para acoller seis veces a Terra,
que segundo a NASA podería desencadear erupcións solares nos vindeiros días. Os
científicos bautizárona co nome de AR
1678.
Nas últimas datas,
19 e 20 de febreiro, o conxunto de manchas escuras sobre a superficie do Sol foron
crecendo con gran rapidez, pero non é posible concretar o seu tamaño exacto por
tratarse dun corpo esférico e non plano.
A orixe destas
manchas son os cambios producidos nos campos magnéticos na superficie solar. Nesta
zona detectáronse intensos campos magnéticos actuando en direccións opostas, o
que probablemente leve a erupcións ou chamaradas
solares. Segundo as investigacións da NASA, o Sol atópase nunha fase moi
activa, esperando o seu punto álxido durante a primavera deste ano 2013.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/21/ciencia/1361469604.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-video-lluvia-fuego-solar-201302211125.html
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
Interesantes os hipervínculos.
Publicar un comentario