Os vertidos de
ansiolíticos ós ríos poderían provocar un grave e inesperado problema
ecolóxico. Estes fármacos chegan ata as augas fluviais a través da ouriña ou
porque se tiran pola taza do water. Un grupo de científicos da Universidade de
Umea (Suecia) declara que, a pesar de ser tratados en plantas depuradoras, estes
vertidos afectan ó comportamento da fauna fluvial.
O seu estudo,
publicado recentemente na revista Science,
céntrase nos efectos do ansiolítico Oxazepam nunha especie concreta de peixe,
unha perca europea chamada Perca Fluviatilis.
Este fármaco utilízase para tratar a ansiedade en humanos. O traballo levouse a
cabo nos ríos de Suecia, onde a exposición a este medicamento é maior.
As percas que
entran en contacto con este ansiolítico comen máis rápido; vólvense máis
intrépidas, abandonan os refuxios seguros para entrar en áreas potencialmente
perigosas; e teñen un comportamento menos social, sepáranse do grupo e incluso
se afastan a gran distancia dos seus conxéneres. Isto podería desencadear
grandes problemas ecolóxicos alterando a cadea alimenticia dos ríos e
provocando un incremento descontrolado das algas.
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
1 comentario:
e dejo otro enlace sobre la contaminación del agua y su efecto sobre los peces, en este caso los fármacos son los anticonceptivos.
http://www.abc.es/20120209/ciencia/abci-residuos-anticonceptivos-altera-sexualidad-201202091841.html
Publicar un comentario