A partenoxénese é unha forma de reprodución
asexual na que, óvulos non fecundados comenzan a desenrolarse coma se fosen fecundados.
Este proceso prodúcese de forma natural en moitas plantas e, en certos
invertebrados (algunhas abellas, escorpións, avispas parásitas…) e vertebrados
(algúns peces, reptís e anfibios), pero no se produce de forma natural nos
mamíferos.
En 2007, uns investigadores conseguiron inducir químicamente en óvulos humanos a partenoxénese. O sistema obtido tiña propiedades similares ás dun embrión, pero, non podía continuar adiante co seu desenrolo.
Actualmente, nunha nova investigación, levada a
cabo polo equipo de Wolfram Zimmerman mailos seus colegas da Universidad
Georg-August en Gotinga (Alemaña), demostrou que, as células do novo sistema
obtido funcionan como células nai embrionarias, as cales, manteñen a capacidade
de converterse en diferentes tipos de tecidos.En 2007, uns investigadores conseguiron inducir químicamente en óvulos humanos a partenoxénese. O sistema obtido tiña propiedades similares ás dun embrión, pero, non podía continuar adiante co seu desenrolo.
Ademáis, os autores deste novo estudo usaron células nai obtidas por
partenoxénese para crear cardiomiocitos (células do miocardio ou músculo
cardíaco capaces de contraerse de forma espontánea e individual grazas ó
aumento da concentración de calcio intracelular) e músculo cardiaco (miocardio;
tecido muscular do corazón encargado de bombear o sangue, mediante a contración,
polo sistema circulatorio) que mostraba as propiedades estructurais e
funcionais do miocardio normal.
O miocardio obtido puido ser utilizado para ser enxertado nas ratonas que aportaran os óvulos para a partenoxénese. Os resultados desta investigación demostraron, polo tanto, que as células nai obtidas por partenoxénese, pódense utilizar para a enxeñería de tecidos.
O miocardio obtido puido ser utilizado para ser enxertado nas ratonas que aportaran os óvulos para a partenoxénese. Os resultados desta investigación demostraron, polo tanto, que as células nai obtidas por partenoxénese, pódense utilizar para a enxeñería de tecidos.
1 comentario:
faltan etiquetas!!!
Publicar un comentario