Barcelona Supercomputing Center - Centro
Nacional de Supercomputación (BSC- CNS)
ten unha dobre función: por un lado é un
centro de investigación formado por máis de 300 científicos e por outro ofrece servizos de supercomputación
a toda a comunidade científica. Está dirixido polo catedrático Mateo Valero e
ubicado en Barcelona. Creouse o 1 de abril do 2005, sendo un consorcio entre o
Ministerio de Ciencia e Innovación de España (51%), Generalitat de Catalunya
(37%) e a Universidade Politécnica de Catalunya-UPC (12%).
Neste centro hai varios supercomputadores que
ofrecen as súas capacidades a comunidade científica, pero o seu emblema é o supercomputador situado
dentro da antiga capela en Torre Girona, o MARE NOSTRUM,
que empezou a funcionar ó inagurarse o centro no 2005, sendo nese momento o de máis capacidade de cálculo
de toda Europa.
Ó ano seguinte, no 2006, actualizouse co Mare Nostrum 2, chegando a ocupar o 5º posto no prestixioso ranking
mundial Top500. A estratexia inicial do BSC-CNS era renovar o supercomputador
cada dous anos, pero por mor da crise o Mare Nostrum 2 chegou ata o outono do
2012, caendo durante os 6 anos de funcionamento ó posto 465 do ranking.
En novembro do 2012 empezou a computar unha
nova versión 12 veces máis potente que o seu predecesor, O Mare Nostrum 3, que a medio
instalar, só co 70% da potencia total, saltou ó posto 36 do
mundo e ó 12 de Europa. Non se buscaba un procesador que ocupara os primeiros
postos do ranking, senón unha máquina máis útil para os investigadores. Unha vez completada cos 6000 chips Intel de
2,6 GHz, comezou a ofrecer á comunidade científica unha capacidade de cálculo
de 1 petaFLOPS por segundo, unidade
equivalente a mil billóns de operacións
por segundo. O resto do seu potencial foi instalado durante o mes de febreiro do
2013, pero por discrepancias entre o goberno de España e a Generalitat de
Cataluña, ambos financiadores do superordenador, o BSC-CNS mantén case en silencio os seus
avances.
Hai varias razóns detrás do financiamento da construción deste
superordenador. Ademais de crear riqueza e de que a máquina participe na
mellora da vida dos cidadáns, España comprometeuse a participar na rede europea de
supercomputación, PRACE, co fin de paliar o retraso neste campo respecto a EEUU e así favorecer o desenvolvemento científico
e tecnolóxico de Europa.
Científicos do noso país e de fóra del presentan
os seus proxectos ante o Comité de Selección, formado por 44 científicos que
avalían a calidade dos proxectos e deciden cales se executarán no Mare Nostrum.
Con este superordenador realízanse
multitude de investigacións agrupadas en catro apartados:
- Ciencias da Computación : En busca de aplicacións para a construción de novos computadores, tanto a nivel de superordenadores, como a nivel de ordenadores persoais ou dispositivos móbiles. Un dos proxectos estrela é o de de Álex Ramírez e o seu equipo, a construción dun superordenador feito con móbiles e tablets, o Montblanc, que ó non requentarse e apenas conectarse á rede eléctrica, é máis eficiente que os PC tradicionais.
- Aplicacións computacionais en ciencia e enxeñería :
-
Mellorar, xunto con Iberdrola, o deseño dos muíños de vento a partir de
simulacións informáticas da interacción entre os fluxos de aire e as turbinas.
-Mellorar a detección de depósitos de
hidrocarburos e a súa explotación.
Grazas a un simulador do fondo marino para a busca de xacementos petrolíferos, Repsol
incrementou xa en 25% o éxito destas carísimas prospeccións.
-O multipremiado proxecto Alya Red,
simula a nosa función cardíaca, moi útil para a investigación clínica , e
permite anticipar cómo reaccionariamos ante un novo fármaco.
- Ciencias da Vida : cómo actúan as proteínas no interior das células ; desenrolar proxectos de xenómica, dinámicas das rutas metabólicas... En 2007, expertos do Institut de Recerca Biomédica de Barcelona e do propio BSC completaron o maior catálogo de proteínas do mundo, mostradas por primeira vez en 3D e en vídeo.Outro dos logros desenrolado por científicos españois é a secuenciación do xenoma das células da leucemia, destinada a mellorar o tratamento desta enfermidade e a vida das persoas.
- Ciencias da Terra : Mellorar a predición meteorolóxica, o cambio climático, a calidade do aire... Un dos estudos neste campo, é o de Manel Perucho e os astrofísicos da Universidade de Valencia, que tras 800.000 horas de cálculo, comprobaron cómo o quecemento do entorno das galaxias reduce a formación das estrelas.
Despois de
todo isto, debemos decatarnos de que dispor deste superordenador no noso país,
non só frea a fuga de cerebros, senón que atrae a outros de fóra.
Vídeo informativo do BSC-CNS
http://www.lavanguardia.com/tecnologia/20121027/54353933541/mare-nostrum-3-superordenador-barcelona.html
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
A informática o sevicio das Ciencias expermentais!
Publicar un comentario