España é o maior produtor de agricultura
ecolóxica de Europa, e ó mesmo tempo é un dos que menos consumo fai dela. É
unha curiosa paradoxa que fai que un se pregunte: por qué? A resposta
maioritaria é o seu elevado prezo.
Existe unha explicación. A agricultura ecolóxica
non é máis que un negocio, a imaxe bucólica de campos verdes que nos vén á
cabeza ó falar dos produtos “bio” non é máis que froito do márketing. Por iso
non nos debe extrañar ver cultivos ecolóxicos cubertos de plásticos, ou a
agricultores “bio” usando fertilizantes. Teñen que manter dalgunha maneira ás
súas plantas, e facelas competitivas ante as multinacionais de cultivos
convencionais. Cal é a diferenza, entón, para que sexan máis caros? Sinxelo. Un
bioagricultor, para manter sans os seus cultivos, usa fertilizantes producidos
ecoloxicamente, que conteñen os mesmos factores que os que usan nos cultivos
convencionais, pero coa diferenza de que os primeiros obtéñense da materia
orgánica ecolóxica, e os segundos da minaría, de transxénicos… Os biofertilizantes
son polo tanto máis caros, e iso fai que o agricultor teña que encarecer o produto,
e tamén o teñan que subir de prezo as distribuidoras. E todo iso sucede por
culpa das grandes multinacionais de agricultura convencional, que son as
produtoras de fertilizantes, tanto ecolóxicos como non, e que encarecen en
exceso ós primeiros para que a xente non deixe de mercar os produtos
convencionais.
Entón, resulta a agricultura ecolóxica tan
idílica como nola fan ver? Deixo este vídeo, que ó mellor aclara algunhas
dúbidas.
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C
Fontes:
http://www.rtve.es/television/20130528/cosechas-etiqueta/673900.shtml
No hay comentarios:
Publicar un comentario